Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2002 Páx. 4.647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a instalación eléctrica denominada L.M.T. Macendo, Señorín, no concello de Castrelo de Miño. (Expediente IN407A 01/140-3 A.T.).

Examindado o expediente instruído por pedimento de Unión Fenosa Distribución, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ A Batundeira nº 2, Velle, 32960 Ourense, sobre autorización, aprobación do proxecto e declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia, resultan os seguintes.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-A petición someteuse a información pública pro Resolución do 20 de novembro de 2001, desta delegación provincial, publicada no DOG do 3 de xaneiro de 2002, no BOP de Ourense do 22 de decembro de 2001 e no xornal La Región do 4 de decembro de 2001, en aplicación dos artigos 125 e 144 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se aproba o regulamento de aplicación da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Durante ó período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

Sergio Román Rodríguez, como titular do predio nº 41b da L.M.T. ó C.T. Fondo da Vila, solicita ó abeiro do artigo 152 do Real decreto 1955/2000 que a expropiación comprenda a totalidade do predio e que se teña en conta á hora de determina-lo prezo xunto, que o predio figura, dentro do rexistro da propiedade como viña, protexida pola denominación

de orixe Ribeiro, así como a súa adicación actual a producción de madeira.

Segundo.-O proxecto, coas características básicas que se reflicten a continuación, está informado de xeito favorable polos servicios técnicos desta delegación provincial, efectuándose a comprobación sobre o terreo da traza da liña eléctrica proxectada na que non se dá ningunha das limitacións á constitución de servidume de paso ás que se refire o artigo 161 do citado Real decreto 1955/2000.

-Liña aérea a 20 kV en conductor LA-56, de 723 m, ó C.T. de Fondo da Vila, con orixe no apoio nº 76 da L.M.T. Castrelo-Rairo e final no apoio proxectado nº 7, do que parte a derivación para o centro de transformación.

-Liña aérea a 20 kV en conductor LA-56, de 850 m, Meizo-derivación Vilela, con orixe no apoio nº 18 (actual nº 1) da L.M.T. derivación ó C.T. de Señorín e final no apoio nº 6 con derivacións ós centros de transformación de Vilela e a Bouza.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Delegación Provincial de Industria e Comercio de Ourense é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polo Real decreto 1955/2000 e polo Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro (DOG do 16 de febreiro).

Segundo.-Á vista da alegación presentada, da contestación dada pola empresa promotora e do resto da documentación que consta no expediente, queda de manifesto que: 1. A solicitude de expropiación total foi desestimada por Resolución do 26-12-2001, xa notificada ó afectado; 2. Os posibles erros relativos a tipo de cultivo e medición da superficie de afección serán apreciados polo perito da Administración e corrixidos, de se-lo caso, no momento do levantamento das actas previas á ocupación, para as que será convocado o afectado, acto que inicia a fase de prezo xusto.

Terceiro.-No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da sinalada Lei 54/1997, e os regulamentarios ordenados nos capítulos II e V de título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica. Así mesmo, as instalacións e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos necesarios.

Esta delegación provincial, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1º Autorizar a Unión Fenosa Distribución, S.A. a execución das instalacións eléctricas previstas no

proxecto L.M.T. Macendo, Señorín, situada no concello de Castrelo de Miño.

2º Declara-la utilidade pública, en concreto, das instalacións eléctricas autorizadas, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios deles e zonas de servidume pública.

3º Que e o representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 149 do Real decreto 1955/2000, dea comezo ó levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique individualmente, daqueles predios que figuran no anexo da resolución de información pública do proxecto.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte o da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 18 de febreiro de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense