Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2002 Páx. 4.627

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais dos participantes no concurso previsto no artigo 3º do Regulamento para o desenvolvemento e aplicación do previsto na disposición transitoria décimo primeira da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, convocado por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 28 de decembro de 2001.

Por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 28 de decembro de 2001 (DOG nº 9, do 14 de xaneiro de 2002) convócase o concurso previsto no artigo terceiro do Decreto 289/2001, do 15 de novembro, polo que se aprobou o Regulamento para o desenvolvemento e aplicación do previsto na disposición transitoria décimo primeira da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

Á vista da proposta realizada pola comisión encargada de valora-los méritos alegados polos concursantes e de conformidade coa base VI.1 da antedita orde, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as relacións por orde de prelación segundo as puntuacións provisionais dos concursantes destinados na mesma localidade e pertencentes ó mesmo grupo e categoría dos relacionados no anexo II do citado regulamento. Estas relacións figuran como anexo desta resolución.

Segundo.-Os interesados poderán formular reclamación no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, tal como se establece na base VI. 1 da convocatoria.

As reclamacións deberán ser realizadas mediante escrito dirixido á Dirección Xeral da Función Pública, edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública