Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 10 de abril de 2002 Páx. 4.620

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 5 de abril de 2002 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña Verán-2002 e se procede á súa convocatoria.

A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude, leva a cabo a promoción e organización de actividades de animación sociocultural destinadas á xuventude no ámbito do lecer e o tempo libre.

Asumidas as competencias neste eido polo Decreto 146/1982, do 1 de decembro, e consciente esta consellería da importancia que ten facilitar canles polos que a mocidade poida participar neste tipo de actividades, é polo que este ano, ó igual que en anos anteriores, se convoca a Campaña Verán-2002.

A oferta da Campaña Verán-2002 comprende, ademais daquelas que se desenvolven na Comunidade Autónoma galega, actividades de ámbito nacional, tendo lugar a súa celebración noutras comunidades autónomas de España.

A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude a través da Dirección Xeral de Xuventude pretende desta forma atende-la demanda individual, cada día máis crecente, de mozos e mozas no eido do lecer e o tempo libre.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Co obxectivo de facilitarlle á mocidade a participación en actividades de tempo libre, a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude, oferta un plan xeral de actividades que se detalla no anexo I desta orde.

As diferentes actividades que integran esta oferta xeral desenvolveranse tanto en Galicia como nas comunidades autónomas de España, en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración durante os meses de xullo e agosto.

Nos servicios e oficinas locais de xuventude das delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, nas oficinas e puntos de información xuvenil da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil e nas oficinas de información administrativa e atención ó cidadán, os interesados poden solicitar folletos informativos da convocatoria desta campaña, onde se detalla unha información ampla sobre cada actividade e da instalación xuvenil onde se vai levar a cabo.

Artigo 2º.-Servicios ofertados.

A oferta da Campaña Verán-2002 supón a inscrición individual, permitíndolles ós participantes dispoñer dos seguintes servicios:

1. Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do mozo ou da moza.

2. Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.

3. Manutención en réxime de pensión completa.

4. O material necesario para a actividade.

5. Un equipo técnico de personal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre.

6. Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

7. O transporte ata onde se van desenvolve-las actividades que se realicen fóra da Comunidade Autónoma galega.

Artigo 3º.-Participantes.

Poden solicita-la súa participación nas actividades ofertadas na presente convocatoria os mozos con idades comprendidas dentro dos tramos de idades que se especifican para cada actividade no anexo I.

En canto á marxe de idade mínima e máxima que se especifica para cada actividade, deberase ter en conta:

1. A idade mínima que se especifica para cada actividade deberá cumprirse durante o ano 2002, agás nos casos en que a idade mínima sexa os 18 anos, nese caso deberanse ter cumpridos antes do comezo da actividade.

2. A idade máxima que se especifica para cada actividade deberá terse o 1-7-2002, para aquelas que se desenvolvan en xullo e o 1-8-2002 para as que se desenvolvan en agosto.

Non se admitirán aquelas solicitudes nas que o solicitante non cumpra os ditos requisitos de idade para a actividade solicitada.

Artigo 4º.-Solicitude.

1. As solicitudes deberán formularse no impreso que se indica no anexo II desta orde. Cada solicitante unicamente poderá cubrir unha solicitude e un máxi

mo de cinco quendas ou actividades por solicitude. (Cada quenda ou actividade vai identificada cun código no anexo I desta orde).

2. As solicitudes dirixiranse á directora xeral de Xuventude, e poderán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, nos rexistros das súas delegacións provinciais ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O interesado poderá comproba-la recepción da súa solicitude a partir do 6 de maio no teléfono xove 902 15 25 35.

Artigo 5º.-Prazo.

O prazo de solicitude iniciarase o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 30 de abril de 2002.

Artigo 6º.-Adxudicación de prazas.

A adxudicación realizarase da seguinte forma:

1. Por adxudicación directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.

2. Por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles.

O sorteo realizarase o día 13 de maio de 2002 nas dependencias da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Santiago de Compostela.

A Dirección Xeral de Xuventude fará público o resultado do sorteo e confeccionará a correspondente lista de admitidos para cada quenda e actividade. As ditas listas serán expostas o día 14 de maio de 2002 na Dirección Xeral de Xuventude, no rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, nos rexistros e servicios de Xuventude das súas delegacións provinciais, e no Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán de Santiago de Compostela.

Artigo 7º.-Documentación.

Os participantes seleccionados deberán presentar na Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da provincia onde se vai desenvolve-la actividade, ou na Dirección Xeral de Xuventude, no caso das actividades pluriprovinciais (que se desenvolven en dúas ou tres instalacións de diferentes provincias) ou actividades que se realicen fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, no prazo de 15 días naturais contados desde o día seguinte ó da data de exposición das listas, a seguinte documentación:

-Xustificación de pagamento (impreso oficial).

-Fotocopia do DNI ou da folla correspondente do libro de familia.

-Fotocopia do documento de afiliación á Seguridade Social ou seguro médico.

-Cuestionario médico-sanitario (anexo III).

-Certificado médico de non padecer ningunha enfermidade e de ser apto para participar na actividade.

-Declaración xurada de que sabe nadar.

No caso de non presenta-la antedita documentación no prazo indicado a praza pasará a oferta pública, aplicándose o procedemento disposto no artigo 8 desta orde.

Artigo 8º.-Adxudicación das prazas de resultas.

1. As prazas que non se cubrisen polo procedemento de adxudicación establecido no artigo 6º, así como as vacantes que se produzan, xa sexa por renuncia do interesado ou por non presenta-la documentación referida no artigo 7º desta orde en prazo, concederanse por adxudicación directa segundo se vaian solicitando.

Para estes efectos, durante os días 10 e 11 de xuño poderán solicita-las prazas vacantes todos aqueles solicitantes ós que non se lles adxudicou praza no sorteo ou renunciasen á praza.

Transcorrido o dito período, as prazas vacantes poderán ser solicitadas por calquera persoa interesada, sempre e cando cumpra as limitacións de idade ás que se fai mención no artigo 3º desta orde.

2. Para solicita-las prazas de resultas, o interesado poderá efectua-la oportuna reserva da praza, no caso de que existan vacantes, persoalmente ou por teléfono a través de calquera servicio de Xuventude das delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, ou da Dirección Xeral de Xuventude.

Unha mesma persoa non poderá reservar máis dunha praza. A reserva de prazas poderase efectuar en horario de 9 a 14 horas, en días laborables agás sábados.

3. Unha vez efectuada a reserva de praza, o interesado disporá dun prazo de 48 horas para presenta-lo impreso que se indica no anexo II desta orde debidamente cuberto, e a documentación relacionada no artigo 7º. Os solicitantes ós que non se lles adxudicou praza no sorteo, non terán que presenta-lo anexo II. Esta documentación poderá presentala en calquera das oficinas anteriormente relacionadas. En caso contrario, perderá o dereito á praza reservada.

4. No anexo IV indícanse os enderezos, os teléfonos das oficinas administrativas a través das que poderá efectuarse a oportuna reserva de praza, para os efectos do disposto neste artigo.

Artigo 9º.-Prezos.

Os prezos de aplicación para cada actividade e quenda aparecen detallados no anexo I desta orde, de acordo co sinalado na Orde do 20 de decembro de 2001 (DOG do 31 de decembro).

Artigo 10º.-Devolucións de cotas.

1. Se unha vez obtida a praza e aboado o prezo correspondente o interesado non puidese asistir á actividade, só terá dereito á devolución deste no caso de que comunique a renuncia á praza por escrito e solicite a devolución da cantidade aboada polo menos vinte días antes do inicio da actividade ou cando por causas non imputables ó interesado non se preste o servicio ou a administración anule a actividade (Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia e Decreto legislativo 172/1992, do 26 de xuño, polo que se dictan normas para a xestión da liquidación e recadación das taxas e prezos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia).

2. Para estes efectos haberá á disposición dos interesados un modelo normalizado de solicitude de devolución da cota de participación na Dirección Xeral de Xuventude e nos servicios de xuventude das delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

3. A solicitude deberá dirixirse ó delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da provincia onde se vai desenvolve-la actividade, ou á directora xeral de Xuventude no caso das actividades que se desenvolvan en máis dunha provincia ou fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, que serán os órganos encargados de resolver en cada caso.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a directora xeral de Xuventude para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2002.

Manuela López Besteiro

Conselleria de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude

ANEXO I

CAMPAMENTOS DE VERÁN-2002

Instalación xuvenilActividadeDataIdadeImporte prazaNº código

Alb. xuv. Irmáns Pedrosa

Res. xuv. Altamar

Alb. xuv. Gandarío

Ruta «Coñece Galicia»17-31/7/200215-17164 A150001

Alb. xuv. Gandarío

Camp. xuv. Os Chacotes

Mar e natureza1-15/7/200215-17123 A150003

Camp. xuv. A Devesa

Camp. xuv. Os Chacotes

Mar e natureza16-30/7/200215-17123 A150004

Camp. xuv. Virxe Loreto

Camp. xuv. Pontemaril

Mar e natureza16-30/7/200213-15123 A150005

Camp. xuv. Illa de Ons

Camp. xuv. P. de Xacinto

Mar e natureza1-15/8/200213-15123 A150006

Alb. xuv. Mariña Española*A miña primeira22-29/6/20029-1076 A150101

aventura29/6-6/7/20029-1076 A150102

6-13/7/20029-1076 A150103

13-20/7/20029-1076 A150104

20-27/7/20029-1076 A150105

Deporte e recreación17-31/8/200211-12149 A150106

Alb. xuv. Gandarío*Actividades do mar1-15/7/200213-14164 A150201

Vela e táboa1-15/7/200215-17164 A150202

Actividades do mar16-30/7/200212-14164 A150203

Actividades do mar1-15/8/200212-14164 A150204

Vela e táboa1-15/8/200215-17164 A150205

Actividades do mar17-31/8/200212-14164 A150206

Vela e táboa17-31/8/200215-17164 A150207

En canoa pola ría de Ares e Betanzos14-20/7/200215-1762 A150211

Camp. xuv. FurelosEn bicicleta e cabalo pola1-15/7/200213-14157 A150301

natureza16-30/7/200215-17157 A150302

1-15/8/200213-14157 A150303

Camp. xuv.Virxe de LoretoNatureza xunto ó mar 1-15/7/200213-15123 A150401

1-15/8/200215-17123 A150402

Camp. xuv. EspiñeiraAventura ó aire libre1-15/7/200211-12123 A150501

16-30/7/200211-12123 A150502

Alb. xuv. AreaActividades do mar: vela1-15/7/200215-17194 A270101

e táboa, esquí acuático17-31/7/200213-14194 A270102

e aula natureza mariña1-15/8/200215-17194 A270103

17-31/8/200213-14194 A270104

Instalación xuvenilActividadeDataIdadeImporte prazaNº código

Alb. xuv. Benigno Quiroga*A Nosa Aventura:30/6-6/7/20029-1176 A270201

iniciación ó deporte da7-13/7/20029-1176 A270202

Vela e do14-20/7/20029-1176 A270203

piragüismo21-27/7/20029-1176 A270204

28/7-3/8/20029-1176 A270205

4-10/8/20029-1176 A270206

Camp. xuv. A DevesaEncontro interautonómico1-15/7/200215-17119 A270301

Mar e deporte

Actividade complementaria:

Clases de mar

30/6/2002-6/7/200210-1262 A270302

Mar e deporte

Actividade complementaria:

Clases de mar

7-13/7/200210-1262 A270303

Camp. xuv. Os ChacotesDeporte e natureza1-15/8/200212-14123 A270501

Camp. xuv. P. de XacintoAventura e deporte1-15/7/20029-11123 A320101

16-30/7/200212-14123 A320102

Res. Colexio Pablo VIPiragüismo1-15/7/200212-13164 A320201

16-30/7/200214-15164 A320202

Alb. Escola Vilamarín*Granxa agrogandeira1-15/7/20029-11157 A320301

16-30/7/200211-13157 A320302

1-15/8/20029-11157 A320303

Alb. xuv. O CorgoPiragüismo e remo1-15/7/200214-15164 A320401

16-30/7/200212-13164 A320402

1-15/8/200214-15164 A320403

Alb. xuv. OrdellesMultiaventura22-28/7/200211-15164 A321001

Alb. xuv. Os Biocos de San XoánAire libre1-15/7/200211-13157 A320901

de Río*Medio ambiente16-30/7/200214-15157 A320902

1-15/8/200211-13157 A320903

Alb. xuv. As Sinas*Actividades do mar: vela, dorna,1-15/7/200213-15164 A360101

táboa, piragüismo, kaiak polo16-30/7/200215-17164 A360102

e aula natureza mariña1-15/8/200213-15164 A360103

17-31/8/200212-14164 A360104

Camp. xuv. PontemarilAventura na natureza1-15/7/200210-12123 A360201

16-30/7/20029-11123 A360202

1-8/8/20029-1162 A360203

9-16/8/200210-1262 A360204

Camp. xuv. A Illa de OnsAventura na illa1-15/7/200211-13123 A360301

16-30/7/200210-12123 A360302

Camp. xuv. A GoladaAventura no mundo rural1-15/7/200212-14119 A360401

16-30/7/200211-13119 A360402

* Actividade complementaria: informática.

CAMPOS DE TRABALLO EN GALICIA-2002

Instalación xuvenilActividadeDataIdadeImporte prazaNº código

Campo de traballo BergondoRehabilitación e ambiente1-15/7/200215-1772 A150208

16-30/7/200218-2272 A150209

1-15/8/200215-1772 A150210

Campo de traballo de VilarbóAmbiente16-29/7/200218-2272 A150601

1-14/8/200218-2272 A150602

16-29/8/200223-3072 A150603

Campo de traballo de LugoAmbiente1-15/7/200218-2272 A270601

17-31/7/200223-3072 A270602

1-15/8/200218-2272 A270603

17-31/8/200223-3072 A270604

Instalación xuvenilActividadeDataIdadeImporte prazaNº código

Campo de traballo de MonforteAmbiente1-15/7/200223-3072 A270701

17-31/7/200218-2272 A270702

1-15/8/200223-3072 A270703

17-31/8/200218-2272 A270704

Campo de traballo da PeroxaAmbiente e reconstrucción1-15/8/200218-2272 A320601

16-30/8/200223-3072 A320602

Campo de traballoAmbiente e etnografía1-15/7/200218-2272 A320701

da Penalba16-30/7/200223-3072 A320702

1-15/8/200218-2272 A320703

16-30/8/200223-3072 A320704

Campo de traballo O CorgoAmbiente16-30/8/200218-2272 A320404

Campo de traballo de CelanovaEtnografía e arqueoloxía1-15/7/200223-3072 A320801

16-30/7/200218-2272 A320802

Campo de traballo de

Vilar de Barrio

Ecoloxía e reconstrucción16-30/8/200223-3072 A321101

Campo de traballo PontemarilRestauración e ambiente1-15/8/200218-2272 A360205

17-31/8/200223-3072 A360206

Campo de traballo A Illa de OnsAmbiente1-15/7/200218-2272 A360303

16-30/7/200223-3072 A360304

1-15/8/200223-3072 A360305

17-31/8/200218-2272 A360306

Campo de traballo As Illas CíesAmbiente e arqueoloxía1-15/7/200218-2272 A360501

16-30/7/200223-3072 A360502

1-15/8/200218-2272 A360503

17-31/8/200223-3072 A360504

CAMPAMENTOS NOUTRAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS. ANO 2002-CAMPAÑA VERÁN

Comunidade

Autónoma

Instalación xuvenilModalidadeIdadeDataPrezoCódigo

ÁlavaAlb. xuvenil Carlos AbaituaDeportivo-cultural15-1716-30/7/2002185 A501401

AsturiasDescenso río NaviaDeportivo15-172-16/7/2002185 A500104

TrasonaNáutica15-1716-30/7/2002205 A500105

Dep. xeral deAula natureza de PinetaCampus montaña14-1717-31/7/2002185 A501301

AragónAlb. xuv. Quinta Vista AlegreIniciación montañismo14-1717-31/7/2002185 A501302

CanariasRes. xuv. San AntonioTurístico-cultural14-171-11/7/2002312 A500203

CantabriaCamp. LoredoNáutica14-1730/6-14/7/2002205 A500301

Alb.xuv.Loredo e Alb.xuv. Braña ViejaPraia-montaña14-1717-31/7/2002185 A500302

Camp. xuv. Picos de EuropaRuta de montaña13-1517-31/7/2002185 A500303

Alb. xuv. SolórzanoIniciación inglés13-1516-30/7/2002185 A500306

Castela e LeónAlb. xuvenil Navarredonda de GredosMultiaventura14-171-15/7/2002185 A500401

Cuerda del PozoNáutica15-171-15/7/2002205 A500407

Alb. xuv. Llano Alto-BejarInterautonómico12-1416-30/7/2002205 A500408

Camp. xuv. Espinosa de los MonterosMultiaventura15-171-15/7/2002185 A500406

Alb. xuv. Martín Castañeda-SanabriaMultiaventura14-1716-30/7/2002185 A500409

Castela-A ManchaAlb. xuvenil EntrepeñasNáutica e aire libre15-1717-31/7/2002205 A500506

EstremaduraCampamento Emperador Carlos VSendeirismo15-172-16/8/2002185 A500603

MurciaAlb. xuvenil CalarreonaMar e natureza14-1716-30/7/2002185 A500701

ÁguilasNáutica14-1716-30/7/2002205 A500704

NavarraAlb.xuv. Lekároz (3)Itinerante14-1717-31/7/2002185 A500806

Alb.xuv. BelaguaAlta montaña15-17185 A500808

Alb.xuv. Lekároz (4)Multiaventura15-172-16/8/2002185 A500807

Alb. xuv. UrbasaEspeleoloxía15-17185 A500809

A RioxaCamp. xuvenil Molino ViejoAula de natureza 13-142-16/7/2002185 A500901

Alb. xuvenil Hospital San JoséIniciación á montaña15-17185 A500902

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA