Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 09 de abril de 2002 Páx. 4.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARREIROS

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto na Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise público que o Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día vinteseis de febreiro de dous mil dous, acordou aprobar definitivamente o Plan parcial do parque empresarial, promovido por Xestur-Lugo, S.L., e redactado polo enxeñeiro de camiños José Enrique Cacicedo Herrero, referido a solo urbanizable para uso industrial na Espiñeira, parroquia de San Cosme de Barreiros.

Contra o dito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia durante o prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación no DOG deste anuncio. Igualmente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer, ante o mesmo órgano que dictou o acordo, recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da referida publicación, sen poder simultanear ambos, conforme se dispón nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a modificación introducida pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, advertindo que tamén poderá utilizar calquera outro recurso que considere pertinente, e/ou exerce-las accións que procedan ante a xurisdicción competente.

Barreiros, 27 de febreiro de 2002.

O alcalde

Rubricado