Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 09 de abril de 2002 Páx. 4.547

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria do día 26 de marzo de 2002, acordou aprobar inicialmente o expediente de fixación de sistema de actuación (cooperación) e de delimitación do ámbito da UA 38 das NN.SS., sita en Meicende, promovido pola agrupación de propietarios da UA 38 (expediente 018/2002.DEL), o cal queda sometido a información pública polo prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo e presenta-las alegacións que coiden convenientes.

Ó mesmo tempo e ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste pro

cedemento, se ignore o lugar de notificación dalgún ou intentada esta non se puidese practicar, sirva este anuncio de notificación, coa finalidade e alcance que se recollen no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Arteixo, 27 de marzo de 2002.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primera tenente alcalde