Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 09 de abril de 2002 Páx. 4.544

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia concurso público para a subministración de material de oficina e material informático non inventariable para os órganos xudiciais de Galicia.

En cumprimento do disposto nos artigos 78 e 180 do Decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e conforme o modelo establecio polo Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, publicado no Boletín Oficial del Estado nº 70, do 21 de marzo de 1996, publícase o seguinte anuncio de licitación para a contratación da subministración de material

de oficina e material informático non inventariable para os órganos xudiciais de Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de material de oficina e material informático non inventariable para os órganos xudiciais de Galicia.

b) División por lotes e número:

-Lote 1: material informático (84.000 euros) .

-Lote 2: material de oficina vario (150.000 euros).

c) Lugar de entrega: o que indique a Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

d) Prazo de entrega: é o sinalado no punto E do cadro de características do prego de cláusulas administrativas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 234.000 A. IVE incluído, segundo a seguinte desagregación por lotes:

-Lote 1: material informático (84.000 A).

-Lote 2: material de oficina vario (150.000 A).

5. Garantías.

Provisional:

-Lote 1: 1.680 A.

-Lote 2: 3.000 A.

-Lote 1 e 2: 4.680 A.

Definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3º andar.

c) Localidade e código postal: 15771 Santiago de Compostela.

d) Teléfonos: 981 54 45 17, 981 54 62 28.

e) Fax: 981 54 46 96.

f) Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.xunta.es/contratacion.

g) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos del contratista.

Poderán presentarse a este concurso e formula-las conseguintes proposicións, con suxeición ás cláusulas deste prego e ó de condicións técnicas, as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que, tendo plena capacidade de obrar, non estean comprendidas nalgunha das circunstancias enumeradas no artigo 20 do Decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e tamén no artigo 23 cando se trate de empresas estranxeiras non comunitarias.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o oitavo día natural, ás 14 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, nese caso prorrogarase o prazo ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3º andar.

c) Localidade e código postal: 15771 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Lugar: sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3º andar.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: terá lugar o quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación das ofertas; no caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2002.

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza,

Interior e Relacións Laborais

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE