Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 09 de abril de 2002 Páx. 4.543

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/378-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Cortizo Hidroeléctricas, S.A.

Domicilio social: A Matanza, 15917 Padrón.

Denominación: L.M.T. de interconexión central hidroeléctrica Arén-río Castro.

Situación: concellos de Cerdedo e Campo Lameiro.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 8.376 m de lonxitude, con conductor LA-56, sobre apoios metálicos e de formigón, desde a central hidroeléctrica Arén no río Castro, no concello de Cerdedo, ata enlazar co apoio nº 42 da liña pro

piedade de Unión Fenosa, denominada SJG 803 da subestación de San Xurxo, no lugar de Fornelos, no concello de Campo Lameiro.

Realizada a información pública correspondente e a comunicación individual a cada un dos afectados pola instalación, non se presentaron alegacións no tempo establecido para iso.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos II e V do R.D. 1955/2000, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública da instalación e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita os bens afectados, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do R.D. 1955/2000, será de vintecatro meses a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 2 de abril de 2002.

P.D. (Resolución do 22-3-2002)

Carmen Girón Daviña

Secretaria provincial de Pontevedra

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS