Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Torre Frontón.
Situación: Pantón.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con lonxitude 1.762 km, con orixe no apoio nº 34 de L.M.T. Os Peares-Monforte conductor tipo LA-56 e final en L.M.T. derivación a C.T. de Frontón. L.M.T. aérea a 20 kV con lonxitude 0,043 km, con orixe no apoio nº 6 de L.M.T. Torre-Frontón conductor tipo LA-56 e final no C.T. de Torre. L.M.T. aérea a 20 kV con lonxitude 0,518 km, con orixe no apoio nº 15 de L.M.T. Torre-Frontón conductor tipo LA-56 e final en L.M.T. derivación a C.T. de Frontón. C.T.I. con 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V. L.B.T. aérea con lonxitude de 0,99 km, con orixe no C.T. Torre, conductor tipo R.Z.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Lugo, 14 de febreiro de 2002.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo