Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 09 de abril de 2002 Páx. 4.514

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de marzo de 2002 pola que se adscribe con carácter definitivo ó Instituto de Educación Secundaria Ricardo Carballo Calero-Ferrol (A Coruña) o profesorado que se relaciona no anexo.

Na oferta inicial de ensinanzas de educación postobrigatoria trasládanse as ensinanzas de formación profesional familia «química» do IES de Leixa ó IES Ricardo Carballo Calero de mesma localidade.

O Real decreto 2112/1998, do 2 de outubro, establece na súa disposición adicional décimo cuarta que nos casos que se produza un cambio de ensinanzas desde un centro a outro, os profesores das especialidades afectadas quedarán adscritos ó novo centro, mantendo para tódolos efectos a antigüidade que posuían no centro de orixe.

Extinguidas as ensinanzas de formación profesional da familia «química» no IES de Leixa e implantadas no IES Ricardo Carballo Calero-Ferrol, procede agora efectua-la adscrición con carácter definitivo, no instituto de educación secundaria Ricardo Carballo Calero de Ferrol, do profesorado do instituto de educación secundaria Leixa.

Na súa virtude, esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Os profesores de ensino secundario e técnicos de formación profesional que se relacionan no anexo desta orde, procedentes do IES Leixa de Ferrol, quedan adscritos definitivamente no Instituto de Educación Secundaria Ricardo Carballo Calero de Ferrol.

Segundo.-A adscrición a que se refire esta orde non suporá variación nin modificación da situación do profesorado nin dos dereitos que lles corresponden, e os servicios no centro computaranse desde a toma de posesión no instituto de procedencia.

Terceiro.-Nos títulos administrativos dos interesados, a delegación provincial da consellería incluirá dilixencias nas que se faga consta-la posesión no novo instituto.

Cuarto.-A efectividade desta orde será do 1 de setembro de 2001.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

APELIDOS E NOMEDNIDISCIPLINA

GALIANA GALÁN, MARINA LUCÍA32423606ASESORÍA E PROCESOS DE IMAXE PERSOAL (590103)

CASAS TEJO, M. DE LA GLORIA32773943PERRUQUERÍA (591203)

FERREIRA MÉNDEZ, ISOLINA36042037PERRUQUERÍA (591203)

LÓPEZ RODRÍGUEZ, MANUEL32632531PERRUQUERÍA (591203)

SUÁREZ TRABA, MARÍA AZUCENA52432441PERRUQUERÍA (591203)