Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 09 de abril de 2002 Páx. 4.511

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 118/2002, do 22 de marzo, polo que se adscribe ó organismo autónomo Servicio Galego de Saúde o edificio do Complexo Administrativo de San Lázaro.

A Comunidade Autónoma de Galicia ten a titularidade dos terreos onde se sitúan os edificios que integran o Complexo Administrativo de San Lázaro, sitos en San Lázaro, Santiago de Compostela.

O Servicio Galego de Saúde, organismo autónomo de carácter administrativo, dotado de personalidade

xurídica propia e adscrito á Consellería de Sanidade, solicitou a adscrición do inmoble do novo edificio que albergará as súas dependencias.

Vistos os informes da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda e da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Á vista do disposto nos artigos 13 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 20 e seguintes do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintedous de marzo de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Adscríbese ó organismo autónomo Servicio Galego de Saúde (Sergas) o edificio do Complexo Administrativo de San Lázaro composto de baixo, tres plantas e dous sotos, cunha superficie construída estimada de 16.888 m destinados a oficinas, 14.494 m para aparcadoiros, arquivos e instalacións, a situación do cal se reflicte no plano incorporado ó correspondente expediente.

Artigo 2º

A adscrición confire ó dito organismo autónomo as facultades de administración, xestión e conservación dos bens inmobles adscritos

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, resolverá tódalas incidencias que poidan xurdir na execución deste acordo e levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade do disposto no presente decreto.

Sobrado dos Monxes (A Coruña), vintedous de marzo de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda