Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.483

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2002, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público 8/2001, para a adquisición de implantes ortoprotésicos de cadeira e xeonllos para o servicio de traumatoloxía de Hospital Comarcal Valdeorras.

A Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no parágrafo i) do artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Servicio Galego de Saúde, hospital comarcal Valdeorras, rúa Conde Fenosa 50, 32300 O Barco de Valdeorras.

Nº de expediente 8/2001.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: contrato de subministracións.

Descrición do obxecto: adquisición de implantes ortoprotésicos de cadeira e xeonllos para o servicio de traumatoloxía do Hospital Comarcal Valdeorras.

Anuncio de licitación publicado no Diario Oficial de Galicia nº 212, do 27 de setembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: 30.800.000 pesetas (185.111,73 euros).

5. Adxudicación.

Data: 15 de xaneiro de 2002.

Empresas adxudicatarias.

Lote nº I prótese parcial de cadeira á empresa Clínica y Control, S.A., por un importe de 661,11 euros (110.000 pesetas)

Lote nº II e VI prótese parcial bipolar de cadeira e prótese total de cadeira tipo III á empresa Sumcyl, S.L. Por un importe de 8.113,66 euros (1.350.000 pesetas) e 29.449,59 euros (4.900.000 pesetas) respectivamente.

Lote nº III e IV prótese parcial bipolar/cefálica de cadeira y prótese total de cadeira tipo I á empresa Comercial Aomedic, S.A. por un importe de 13.216,32 euros (2.199.010 pesetas) e 42.914,79 euros (7.140.420 pesetas) respectivamente.

Lote nº V e VIII prótese total de cadeira tipo II e prótese total de xeonllos (plataforma móbil) á empresa Medical Service, S.A. por un importe de 24.810,68 euros (4.128.150 pesetas) e 22.070,61 euros (3.672.240 pesetas) respectivamente.

Lote nº VII prótese total de xeonllos á empresa Remeco, S.A. por un importe de 42.792,06 euros (7.120.000 pesetas).

Orzamento total de adxudicación: 184.024,82 euros (30.619.154 pesetas).

O Barco de Valdeorras, 15 de febreiro de 2002.

Luis A. González Rodríguez

Director xerente do Hospital Comarcal Valdeorras