Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.482

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2002 pola que se anuncia concurso público aberto e trámite de urxencia para a contratación dos servicios de desenvolvemento de novos módulos do sistema de xestión económico-financeira (SXEF) do Instituto Galego de Promoción Económica e o mantemento do dito sistema (C.P. 6/2002).

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación dos servicios de desenvolvemento de novos módulos do sistema

de xestión económico-financeira (SXEF) do Igape e o mantemento do dito sistema (C.P. 6/2002).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Barrio de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 16 93, fax: 981 54 10 92.

b) Número de expediente: C.P. 6/2002.

2. Obxecto do contrato:

Contratación dos servicios de desenvolvemento de novos módulos do sistema de xestión económico-financeira (SXEF) do Igape e o mantemento do dito sistema.

Prazo de vixencia: un ano desde a sinatura do contrato, prorrogable por acordo expreso das partes dentro dos limites legais. O contrato darase por finalizado se se alcanza o importe máximo facturable antes do ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto, concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: cento vinte mil euros (120.000 A), IVE incluído, dos que oitenta e catro mil euros (84.000 A), IVE incluído corresponden ó servicio de desenvolvemento e trinta e seis mil euros (36.000 A), IVE incluído ó servicio de mantemento.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación (2.400 A).

6. Clasificación: non se esixe.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

b) Domicilio: Barrio de San Lázaro s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 16 93.

e) Telefax: 981 54 10 92.

f) Página WEB: www.xunta.es/contratacion.

g) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do décimo día natural seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou domingo o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no Rexistro Xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, telex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco días dende a apertura das ofertas.

9. Variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas: en acto público ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público ás 12 horas do décimo día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura das ofertas económicas. Na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

11. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2002.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica