Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.476

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 8 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da incoación do expediente sancionador OU-196/01P por infracción da Lei de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE del 27 de noviembre), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás personas que nos anexos se mencionan a incoación de expediente sancionador por presuntas infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto), e ó seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

Noméase instructora do expediente a Míriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º, e achega-las alegacións, documentos e informacións que consideren convenientes na súa defensa e, no seu caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenden valerse.

De non efectuaren ningunha alegación no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 8 de marzo de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO I

-Expediente: OU-196/01P.-Denunciado: Manuel Álvarez Fernández.-DNI: 34571703.-Derradeiro enderezo coñecido: r/ Lope de Vega, 11-1º A, Palma de Mallorca.-Feito denunciado: pescar en luns, día inhábil, empregando cebo natural, prohibido desde o día 15 de xullo.-Precepto infrinxido e sancionador: artigo 33.9º da Lei de pesca fluvial.-Cualificación da infracción: leve.-Sanción: multa de 90,15 euros.-Instructora: Míriam Areal López.