Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.476

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que notifica a incoación do expediente sancionador P-AD-2001/2 e outro máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que no anexo se mencionan, as incoacións dos expedientes sancionadores, por infracción da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Rosa María Siota Diéguez.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recúsalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achega-los documentos ou achega-las probas que conveña ó seu dereito, advertíndolles que de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no art. 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 6 de marzo do 2002.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-AD-2001/2.

Denunciado: José Carlos Prado Penín, con enderezo r/ Doctor Ulloa, grupo escolar, nº 105-2º I, Marín.

DNI: 33837984-Q.

Feitos denunciados: abandonar dous cans, un o día 13 de xullo de 2001 e outro o 28 de xullo no lugar de Pazo dándose á fuga nun vehículo Renault matrícula PO-0968-BD.

Data do acordo da incoación: 17-1-2002.

Precepto infrinxido: infracción grave do artigo 21.1º c) da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Precepto sancionador: Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Sanción: 300,51 euros (50.001 pesetas).

Expediente: P-AD-2001/3.

Denunciado: Olimpio Maneiro García, con enderezo na r/ López Ballesteros, nº 20-1º, Vilagarcía de Arousa.

DNI: 35325465.

Feitos denunciados: o denunciado foi sorprendido por unhas veciñas cando lle daba patadas a un can que ía solto pola rúa.

Feitos denunciados ás 18 horas do día 28 de agosto de 2001, na rúa López Ballesteros enn Vilagarcía de Arousa.

Data do acordo da incoación: 30-1-2002.

Precepto infrinxido: infracción grave do artigo 21 a) da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Precepto sancionador: Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Sanción: 300,51 euros (50.001 pesetas)