Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.473

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito dos estatutos modificados da Federación Provincial de Comercio de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foi depositada certificación do secretario xeral da dita federación, na que se dá conta da modificación relativa ás funcións do presidente, achegándose así mesmo un nove texto dos estatutos, que contén tamén o cambio de domicilio da federación, entre outros extremos.

Asinan a certificación: Ángel Méndez Veloso, secretario xeral.

Os novos estatutos modificados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 5 de marzo de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE