De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve
mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Agricultores Gandarón-Ribadumia, que abranguen os seguintes ámbitos.
Territorial: comarcal.
Profesional: tódolos que teñan relación directa co sector da agricultura.
Asinan a acta de constitución: Hernando Martínez Chantada e outros.
Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.
Vigo, 4 de marzo de 2002.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra