Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 08 de abril de 2002 Páx. 4.408

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 111/2002, do 7 de marzo, polo que se fixan os prezos públicos das publicacións editadas e dos servicios de información a través de explotacións de datos estatísticos prestados polo Instituto Galego de Estatística.

A Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia, regula a actividade estatística para os fins da Comunidade Autónoma e sinala entre as funcións do Instituto Galego de Estatística (IGE) a de publicar e difundi-los resultados das súas estatísticas.

No cumprimento da indicada función, o Instituto Galego de Estatística venlles subministrando información ós usuarios que a solicitan, aplicando os prezos regulados na Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

A ampliación na oferta de productos e servicios do Instituto Galego de Estatística, así como a súa adecuación ós custos reais, fai necesaria a fixación de novas tarifas.

Na súa virtude, de acordo co artigo 12 da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de marzo de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O presente decreto ten por obxecto a fixación dos prezos públicos percibidos polo IGE derivados da venda das súas publicacións e/ou dos servicios de información a través das explotacións de datos estatísticos, tanto en soporte magnético como en papel.

Artigo 2º.-Clases de prezos percibidos polo IGE.

a) Pola venda das publicacións.

b) Pola venda de explotacións de datos estatísticos.

Artigo 3º.-Venda das publicacións.

Os prezos de venda das publicacións serán os seguintes:

-Galicia en cifras: 18 A.

-Anuario estatístico Galicia-Norte de Portugal: 15 A .

-Atlas de empresas Galicia-norte de Portugal: 15 A.

-Comercio intracomunitario da Eurorrexión Galicia -Norte de Portugal: 12 A.

-Indicadores de desenvolvemento económico e social das comarcas/concellos de Galicia e do norte de Portugal: 6 A.

-Proxección da poboación de Galicia. 1991-2026. Tomo I: 21 A.

-Proxección da poboación de Galicia. 1991-2026. Tomo II: 15 A.

Para as restantes publicacións o prezo fixarase en función do número de páxinas, seguindo a seguinte escala:

* De 50 a 74 páxinas: 3,6 A.

* De 75 a 124 páxinas: 4,8 A.

* De 125 a 199 páxinas: 6,6 A.

* De 200 a 299 páxinas: 9 A.

* De 300 a 399 páxinas: 12 A.

* De 400 páxinas ou máis: 15 A.

Artigo 4º.-Venda de explotacións de datos estatísticos.

Atendendo ás peticións de institucións ou particulares, o IGE poderá realizar traballos específicos a partir dos seus ficheiros informáticos. A realización destes traballos estará suxeita ás dispoñibilidades de recursos e ó interese estatístico da petición, reservando para si o IGE o dereito á entrega dos datos no medio e formato que estime adecuado, dentro dos comunmente utilizados.

1. Por explotacións a medida cobrarase a suma de dúas compoñentes:

a) Por datos subministrados: o importe en euros obterase redondeando a dous decimais a suma das cantidades que se relacionan a continuación.

* Primeiros 100 datos a 0,1 por dato.

* Do dato 101 ó 5.000 a 0,02 por dato.

* Do dato 5.001 ó 50.000 a 0,005 por dato.

* Do dato 50.001 en diante a 0,0005 por dato.

O custo mínimo por petición será de 10 euros. Para estes efectos, considérase que un dato é cada cela de cada unha das táboas estatísticas que integran a petición.

b) Polas horas dedicadas polo persoal técnico estatístico ou informático que a petición puidese requirir, 40 euros (hora/persoa) incrementado coa fracción correspondente no caso de que a petición requira máis dunha hora.

2. Pola venda de rexistros de directorios ou ficheiros preparados especificamente para a súa venda:

* Primeiros 100 rexistros a 0,6 euros/rexistro.

* Do rexistro 101 ó 1.000 a 0,3 euros/rexistro.

* Do rexistro 1.001 en diante a 0,03 euros/rexistro.

O custo mínimo por petición será de 60 euros.

3. Para os supostos contempladas no artigo 30.2º da Lei de estatística de Galicia:

* Primeiros 5.000 rexistros a 0,03 euros/rexistro.

* Do rexistro 5.001 ó 10.000 a 0,02 euros/rexistro.

* Do rexistro 10.001 en diante a 0,01 euros/rexistro.

4. Pola copia en soporte informático de táboas estatísticas xa difundidas e que non se atopen á venda:

O Instituto Galego de Estatística poderá facer copias de táboas estatísticas que estean dispoñibles en soporte informático, reservándose a elección dos formatos e medios para presenta-la información.

* As primeiras 10 táboas a 0,3 euros/táboa.

* Da táboa 11 en diante a 0,05 euros/táboa.

O custo mínimo por petición será de 3 euros.

Artigo 5º.-Bonificacións.

a) De acordo co establecido no artigo 11.2º da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establécese a gratuidade das publicacións para os organismos, entidades e autoridades que conforman a distribución institucional.

a) Serán gratuítas as explotacións estatísticas:

* Solicitadas polos responsables dos órganos da Administración ós que lles sexa de aplicación a Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exac

cións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

* Solicitadas ó abeiro de convenios subscritos co Instituto Galego de Estatística nos que a outra parte coadxuve á realización das actividades estatísticas ás que se refire o artigo 6 da Lei 10/2001, do Plan estatístico 2002-2006.

a) Aplicarase unha bonificación de ata un máximo de 100 euros por petición, para aquelas explotacións de datos estatísticos solicitadas, no exercicio das súas funcións, por parte de:

* Presidente do Goberno e ministros.

* Membros do Parlamento de Galicia, Congreso dos Deputados e Senado.

* Valedor do Pobo e Defensor do Pobo.

* Consello de Contas de Galicia e Tribunal de Contas.

* Maxistrados, xuíces e fiscais.

* Instituto Nacional de Estatística e outros órganos estatísticos das comunidades autónomas.

* Consello Económico e Social de Galicia.

a) Disporán dunha cota anual de información gratuíta de ata 300 euros por ano as seguintes persoas ou institucións:

* Membros do Consello Galego de Estatística.

* Medios de comunicación.

* Consello Galego de Relacións Laborais.

* Consello Consultivo.

* Partidos políticos.

* Organizacións empresariais.

* Centrais sindicais.

* Informantes periódicos do IGE .

Artigo 6º

Para os efectos do establecido no artigo anterior enténdese por informante periódico do IGE aquel que lle facilita información de base ó Instituto Galego de Estatística repetidas veces ó longo do ano.

Artigo 7º

Estes prezos entenderanse, se é o caso, con IVE incluído.

Disposición adicional

A xestión, liquidación e recadación dos prezos públicos establecidos neste decreto axústanse ó disposto no Decreto 172/1992, do 26 de xuño, e na Orde do 29 de xuño de 1994, da Consellería de Economía e Facenda.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogados o Decreto 149/2000, do 7 de xuño, e o Decreto 74/2001, do 22 de marzo, polo que se fixaban os prezos públicos das publicacións editadas e dos servicios de información a través de explotacións de datos estatísticos prestados polo Instituto Galego de Estatística.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, sete de marzo de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández.

Conselleiro de Economía e Facenda

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA