Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 05 de abril de 2002 Páx. 4.388

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2002 pola que se publica a contratación da subministración dun furgón e unha motocicleta con destino á policía local.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra.

a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

a) Obxecto: subministración dun furgón e unha motocicleta con destino á policía local.

b) Prazo de entrega: trinta días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, concurso.

4. Orzamento da licitación: 36.060,73 euros, incluída todo xénero de gastos, así como os de matriculación dos vehículos, transferencia da motocicleta marca Suzuki e IVE.

5. Garantías:

Provisional: 721,21 euros.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información:

a) Lugar: Servicio de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España, s/n, Pontevedra, 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Fax: 986 86 01 02.

b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 9ª do prego.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra. Das 9 ás 13.30 horas.

d) Prazo no que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

8. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación ás 9 horas do luns seguinte hábil ó da terminación do prazo sinalado para a presentación de ofertas.

9. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

a) Os dos anuncios que xere o procedemento e os seus actos preparatorios.

b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato de subministración, incluído o IVE.

c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.

d) Os de transporte e entrega da subministración.

e) Os de matriculación dos vehículos e os de transferencia da motocicleta Suzuki.

Pontevedra, 21 de febreiro de 2002.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

Raimundo González Carballo

Tenente de alcalde