Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 05 de abril de 2002 Páx. 4.383

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva de varios contratos de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlles publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións:

Adquisición do equipamento electromédico con destino ó Hospital Comarcal de Valdeorras-Ourense (8 lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-48/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición do equipamento electromédico.

c) Lotes: 8 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 155, do 10 de agosto de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: sete millóns catrocentas dúas mil cincocentas pesetas, IVE incluído (7.402.500 pesetas, IVE incluído) (44.489,92 euros).

Adxudicacións:

-Lote nº 1: equip. electromédico diversos servicios.

a) Data: 14 de decembro de 2001.

b) Contratista: Sumcyl, S.L.

c) Nacionalidade: española.

Importe da adxudicación: setecentas trinta e tres mil duascentas pesetas, IVE incluído (733.200 pesetas, IVE incluído) (4.406,62 euros).

-Lote nº 2: fonte de luz fría.

a) Data: 14 de decembro de 2001.

b) Contratista: Endoscopia Médica, S.A.

d) Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: trescentas corenta mil pesetas, IVE incluído (340.000 pesetas, IVE incluído) (2.043,44 euros).

-Lote nº 3: equipamento neonatoloxía.

-Lote nº 8: respirador de transporte.

a) Data: 14 de decembro de 2001.

b) Contratista: Drager Hispania, S.A.

c) Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: tres millóns trescentas mil pesetas, IVE incluído (3.300.000 pesetas, IVE incluído) (19.833,40 euros).

-Lote nº 4: electrocardiógrafo.

a) Data: 14 de decembro de 2001.

b) Contratista: Marquette Hellige España, S.A.

c) Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: cincocentas mil pesetas, IVE incluído (500.000 pesetas, IVE incluído) (3.005,06 euros).

-Lote nº 5: aspirador eléctrico con intermitencia.

-Lote nº 7: monitores.

a) Data: 14 de decembro de 2001.

b) Contratista: Galmédica, S.A.

c) Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: un millón catrocentas sesenta mil pesetas, IVE incluído (1.460.000 pesetas, IVE incluído) (8.774,48 euros).

-Lote nº 6: guindastre de doente.

a) Data: 14 de decembro de 2001.

b) Contratista: Arjo Spain, S.A.

c) Nacionalidade: española.

Importe de adxudicación: cincocentas noventa e cinco mil pesetas, IVE incluído (595.000 pesetas, IVE incluído) (3.576,02 euros).

En cumprimento do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible do recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade coa Lei 29/1998,

do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División

de Recursos Económicos