Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 05 de abril de 2002 Páx. 4.382

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se fai pública a adxudicación correspondente ó expediente 60/2001 e dous máis.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das competencias que lle foron delegadas pola Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, resolve publica-la adxudicación da seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación Administrativa.

2. Obxecto do contrato: expediente nº 60/2001.

a) Tipo de contrato: subministración sucesiva.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de coello, polo e peixe.

c) Lotes: 3.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 161, do 21 de agosto de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 34.119.540 pesetas (205.062,57 euros).

5. Adxudicación: deserto.

2. obxecto do contrato: expediente nº 61/2001.

a) Tipo de contrato: asistencia técnica.

b) Descrición do obxecto: asistencia técnica para o desenvolvemento dun plan de formulación estratéxica deste complexo hospitalario.

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 210, do 30 de outubro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 13.500.000 pesetas (81.136,63 euros).

5. Adxudicación: deserto.

2. Obxecto do contrato: expediente nº 63/2001.

a) Tipo de contrato: subministración sucesiva.

b) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de verduras e carne conxelada.

c) Lotes: 2.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 161, do 21 de agosto de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 25.941.060 pesetas (155.908,91 euros).

5. Adxudicación: deserto.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícase esta resolución que pon fin á vía administrativa, podendo ser recorrida na vía contencioso-administrativa ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 2 meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación

desta resolución, de conformidade con disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2002.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela