Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 05 de abril de 2002 Páx. 4.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución e se recoñece como instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica a central hidroeléctrica de Aren, no río Castro, concello de Cerdedo, provincia de Pontevedra. (Expediente 379/2001 A.T.).

Visto o escrito presentado por José Manuel Cortizo Soñora con DNI nº 33206620-W, en calidade de representante legal da empresa Cortizo Hidroeléctricas, S.A., con CIF A-15345572 e domicilio social no lugar da Matanza, s/n, 15917 Padrón, A Coruña, solicitando autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e acollemento ó réxime

especial de producción eléctrica regulado polo Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, das instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica Aren, no río Castro, concello de Cerdedo (Pontevedra), resultan os seguintes:

Antecedentes de feito:

Primeiro.-Por Resolución do 27 de maio de 1997 da presidencia do organismo autónomo Augas de Galicia, publicada no BOP de Pontevedra do 9 de xuño e no DOG nº 119, do 23 xuño cunha corrección de erros publicada no BOP nº 125, do 1 de xullo e no DOG nº 126, do 2 de xullo, anúnciase o sometemento a información pública da petición de concesión, autorización administrativa e declaración de utilidade pública para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica de potencia nominal non superior a 5.000 kVA no río Castro, xunto cos proxectos e estudios de avaliación ambiental do concurso.

Segundo.-O presidente de Augas de Galicia dictou o 31 de marzo de 1999 a resolución de outorga-la concesión solicitada por José Manuel Cortizo Soñora, no nome e representación de Cortizo Hidroeléctricas, S.A. para derivar un caudal de auga de ata 6.000 l/s, entre as cotas 420-340 m do río Castro, no termo municipal de Cerdedo, provincia de Pontevedra, con destino á producción de enerxía eléctrica para uso público e declara-la utilidade pública das obras constructivas do aproveitamento para os efectos de expropiacións forzosas e imposición de servidumes dos bens e dereitos necesarios que correspondan.

Terceiro.-O presidente de Augas de Galicia dictou o 2 de decembro de 1999 a resolución pola que se aproba o proxecto do aproveitamento hidroeléctrico no río Castro, termo municipal de Cerdedo, Pontevedra, correspondente á concesión administrativa outorgada por Resolución do 31 de marzo de 1999 á sociedade Cortizo Hidroeléctricas, S.A. no río Castro para a instalación dun aproveitamento con destino á producción de enerxía eléctrica para uso público, autorizando a execución das obras e instalacións previstas no dito proxecto constructivo. Na mesma resolución modifícase, con fundamento no citado proxecto constructivo o tramo ocupado polo aproveitamento e a composición da maquinaria que se vai instalar, previstos nas condicións particulares números 18ª, primeiro parágrafo e 21ª da concesión.

Cuarto.-O 2 de xuño de 2000 José Manuel Cortizo Soñora, en calidade de representante legal da empresa Cortizo Hidroeléctricas, S.A. solicita a autorización administrativa da instalación dos equipos electromecánicos previstos no proxecto denominado proxecto electromecánico do aproveitamento hidroeléctrico del río Castro, que se aprobe o dito proxecto e se recoñeza a aproveitamento hidroeléctrico como instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica e incluíla no grupo b.4 do artigo 2 do Real decreto 2818/1998, aportando a documentación establecida para o efecto polo Decreto

2617/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, abastecemento e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, o Real decreto 916/1985, do 25 de maio, modificado por Real decreto 249/1988, do 18 de marzo e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración antes mencionado.

Quinto.-Por acordo do 27 de novembro de 2001 da Delegación Provincial de Industria de Pontevedra, publicado no BOP nº 241, do 17 de decembro e no DOG nº 237, do 10 de decembro, someteuse a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica da central hidroeléctrica Aren no río Castro, segundo o establecido na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, de aplicación ó presente expediente.

Durante o período de exposición pública non se recibiron alegacións.

Sexto.-Mediante escrito presentado na Delegación Provincial de Industria de Pontevedra o 31 de xaneiro de 2001, o concello de Cerdedo fai constar que non realiza ningunha alegación con relación á proposta de autorización e aprobación das instalacións electromecánicas, contando a empresa solicitante coa preceptiva licencia municipal.

Sétimo.-As instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica de Aren no río Castro, segundo o proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial José Carlos Rodríguez Vázquez colexiado número 1.140 e visado por o Ilustre Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia con número 835/2001, teñen as seguintes características:

-Caudal máximo derivado: 6.000 l/s.

-Salto bruto: 75 m.

-Salto neto nominal: 73,5 m.

-Dúas turbinas tipo Francis de eixe horizontal de 1.423 e 2.775 kW de potencia, unha velocidade de xiro de 750 e 600 r.p.m. cada un e de 2.000 e 4.000 l/s respectivamente.

-Dous xeradores síncronos trifásicos de 1.368 e 2.686 kW de potencia activa, 50 Hz de frecuencia, de 146 e 287 A de corrente nominal e unha tensión de xeración de 0,66 kV.

-Dous transformadores trifásicos elevadores de 1.600 e 3.000 kVA e relación de transformación 0,66/20 kV.

-Un transformador para servicios auxiliares de 50 kVA de potencia e 0,38/20 kV de relación de transformación.

-Sistema cargador de baterías para alimentación de servicios primordiais que consta dunha unidade

de rectificación-carga e catro baterías de 24 V e 80 A.h de capacidade.

-Instalacións de protección, manobra, mando, sinalización, medida e interconexión coa liña eléctrica.

Oitavo.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra emitiu informe favorable, propondo a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e acollemento da instalación ó réxime especial de producción eléctrica regulado por o R.D 2818/1998, do 23 de decembro.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro e o Real decreto 916/1985, do 25 de maio, modificado por Real decreto 249/1988, do 18 de marzo e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

-Autoriza-las instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica de Aren no río Castro, concello de Cerdedo, provincia de Pontevedra.

-Aproba-lo proxecto de execución das instalacións electromecánicas da citada central hidroeléctrica.

-Recoñocer á central hidroeléctrica de Aren, no río Castro, a condición de instalación acollida ó réxime especial de producción eléctrica co obxecto de incluíla no grupo b.4 do artigo 2 do Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, polo que se regula a producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos ou coxeración.

Queda obrigada a empresa titular da instalación a notifica-lo comezo e remate das obras para a súa inspección e posta en marcha, podendo a Administración autonómica deixar sen efecto a presente resolución, despois do oportuno expediente, no momento en que observe incumprimento dos regulamentos, condicionantes técnicos e de seguridade e medidas

correctoras establecidas polos organismos e entidades que constan no expediente deste aproveitamento hidroeléctrico.

Como requisito necesario para a aplicación do réxime especial á dita instalación, a citada empresa deberá inscribirse no Rexistro de Instalacións de Producción de Energía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condiciones previstas no artigo 12 do R.D. 2818/1998, e presenta-la documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da citada orde.

Así mesmo, a instalación interconectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó de súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas