Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 05 de abril de 2002 Páx. 4.368

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/14-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Granxa Uteco, Igrexa, Campo.

Situación: Xunqueira de Espadanedo.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV, de 997 m de lonxitude, con orixe na L.M.T. Xunqueira-Vixueses e remata no C.T. de Niñodaguia. Desde o apoio nº 6 derívase unha L.M.T. aérea de 92 m ata o C.T. proxectado aéreo con 50 kVA, R/T 20.000/380-220 en Granxa de Uteco. 3.090 m de rede de baixa tensión derivada do C.T. Niñodaguia.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 6 de febreiro de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense