Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 05 de abril de 2002 Páx. 4.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado da L.M.T., C.T. e R.B.T. de Lagoa, no concello de Meira, e da súa declaración de utilidade pública. (Expediente 2/2001 A.T.).

1. Autorización administrativa.

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, de autorización de instalacións eléctricas, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para o trazado das liñas eléctricas de referencia, que contan coas características técnicas que se relatan a continuación:

Peticionario: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Finalidade: mellora da subministración de enerxía eléctrica na zona.

Descricións técnicas principais:

1. Liña media tensión aérea con orixe na L.M.T. a Meira e remate no C.T. proxectado de Lagoa de 590 m de lonxitude a 20 kV sobre apoios metálicos e de formigón en conductor LA-56.

2. Centro de transformación aéreo de intemperie de Lagoa de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

3. Rede de baixa tensión aérea de Lagoa de 980 m de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

2. Urxente ocupación.

O beneficiario, ó amparo do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico solicita, así mesmo, a declaración de utilidade pública das instalacións incluídas neste proxecto, que, segundo o sinalado no artigo 54 da devandita lei, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Polo tanto, a presente resolución de información pública, na que se relacionan tódolos bens e dereitos afectados pola urxente ocupación, realízase tamén para os efectos previstos no citado título IX da

Lei 54/1997 e no que non se opoñan a ela, nos artigos 10, 16 e 31.5º do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

3. Alegacións.

O que se fai público para que poidan examinarse o proxecto de instalacións nesta delegación provincial (edificio administrativo, Ronda da Muralla, 70, Lugo), e formula-las reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas durante o prazo de trinta días. Igualmente, os interesados poderán formular, se é o caso, e no mesmo prazo, alegacións por escrito que farán en relación co disposto nos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, podendo corrixi-los

erros que se cometesen ó relaciona-los bens afectados ata o mesmo momento do levantamento das actas previas.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 7 de xaneiro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Liña: L.M.T. a C.T. de LagoaProvincia: LugoTermo municipal: Meira

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºSitioCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

11LagoaPr.Hdos. de Teolindo Fernández Polo

(Teolindo Fernández Rigueiro)

Costa da Palloza, 1-15º esq.

15006 A Coruña

531.016