Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 05 de abril de 2002 Páx. 4.349

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2002 do tribunal V-C designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 8 (peón agrario especializado) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do primeiro exercicio da fase de oposición.

Na sesión celebrada o día 21 de marzo de 2002, polo tribunal V-C designado pola Orde do 15 de xaneiro de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 8 (peón agrario especialidado) do grupo V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola orde da Consellería de Presidencia do 30 de xullo de 2001 (DOG nº 160, do 20 de agosto), e de conformidade co disposto na base III.10 da convocatoria, acordouse:

1. Que o primeiro exercicio para os aspirantes admitidos no proceso selectivo para o acceso á categoría 8 (peón agrario especializado) do grupo V realizarase o día 27 de abril de 2002, ás 9 horas, na Facultade de Dereito, sita na avda. Dr. Ángel Jorge Echevarri (campus sur) de Santiago de Compostela.

O chamamento para a entrada dos aspirantes no lugar de celebración do exercicio comezará ás 9 horas.

2. Os aspirantes deberán acudir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, así como de lapis nº 2 e goma de borrar (base II.2.3).

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2002.

Mª Lourdes Batán Aira

Presidenta do tribunal