Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 05 de abril de 2002 Páx. 4.349

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 63 (oficial 1ª conductor/a, conductores/as 1ª, conductores/as altos cargos, conductor/a mecánico/a), correspondente ó grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 11 de marzo de 2002, o tribunal III-B designado pola Orde do 15 de xaneiro de 2002, para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 63 (oficial 1ª conductor/a, conductores/as 1ª, conductores/as altos cargos, conductor/a mecánico/a), correspondentes ó grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 30 de xullo de 2001, acordou, de conformidade co disposto na base III.10 da convocatoria, que o primeiro exercicio da fase de oposición se realizará o día 19 de abril de 2002, na Aula Nova da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, sita no Campus Universitario Sur de Santiago de Compostela, en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 19 horas, e as portas do lugar de acceso para a súa realización abriranse ás 18.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ó xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2002.

Pablo Figueroa Dorrego

Presidente do tribunal