Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 05 de abril de 2002 Páx. 4.333

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 7 de xaneiro de 2002 pola que se procede a executa-la sentencia da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dictada no recurso de suplicación 4263/1997, interposto por Jesús Méndez Candal.

Advertidos erros na orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, do 7 de xaneiro de 2002, pola que se procede a executa-la sentencia da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dictada no recurso de suplicación 4263/1997, interposto por Jesús Méndez Candal, publicada na páxina 1.145 do DOG nº 23, do 31 de xaneiro, procede face-las seguintes correccións:

No parágrafo sétimo, onde di : «non pode tomar posesión do indicado posto de traballo ata o 16 de maio de 2001», debe dicir «non pode tomar posesión do indicado posto de traballo ata o 16 de maio de 2002».

E no punto primeiro da parte dispositiva, onde di: «con DNI 32442744», debe dicir : «con DNI 32442755».