Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 04 de abril de 2002 Páx. 4.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente, se declara de utilidade pública e se aproba o proxecto de execución da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 20 kV, Sequeiros-A Rúa, nos termos municipais da Rúa, provincia de Ourense (expediente IN408A 98/133-3 A.T.) e Quiroga, provincia de Lugo (expediente 98/034 A.T.).

Examinado o expediente instruído por pedimento da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., con enderezo para efectos de notificación en avda. de Arteixo, 171; 15007 A Coruña, resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-Con data 9 e 11 de xuño de 1998 a citada empresa solicita a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública da citada instalación, na Delegación Provincial de Industria e Comercio de Ourense e Lugo respectivamente, presentando o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 8 e 12 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, ambos de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria undécima do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de

enerxía eléctrica e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-Con data 11 de xuño de 2000 o promotor presenta un anexo ó citado proxecto na Delegación Provincial de Ourense, realizado como consecuencia da prohibición no predio nº 50B, modificando a traza entre os apoios nº 75 e 76 aumentando a lonxitude da liña enterrada en 36 m quedando desafectado o citado predio.

Terceiro.-Con data 22 de decembro de 2000, 25 de abril de 2001 e 1 de xuño de 2001 o promotor presenta a documentación requirida polos sucesivos

informes realizados polos servicios técnicos da Delegación Provincial de Lugo.

Cuarto.-As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

A Rúa, Ourense:

1. Liña de media tensión (L.M.T.) aérea, a 20 kV, de 3.725 m, con orixe no apoio P-48 da presente L.M.T. -límite provincial- e final no centro de reparto (C.R.) Paulo VI da Rúa.

2. Tramo aéreo de 3.440 m, en conductor LA-110 e apoios tipo 22/H e 6/HVH, ata o apoio nº 76.

3. Tramo enterrado de 285 m desde este último apoio ata o final conductor tipo R.H.V.-12/20 kV de 3x150 Al.

Quiroga, Lugo:

1. Liña de media tensión aérea núa, a 20 kV, de 6.748 m con orixe na L.M.T. de Vilar e final no P-46 da L.M.T. Sequeiros-A Rúa, en conductor tipo LA-110/116,2 mm e 43 apoios de formigón e 3 metálicos.

2. Liña de media tensión aérea núa enlace coa L.M.T. ó C.T. Albaredo, con tensión nominal de servicio de 20 kV, con orixe no P-43 da L.M.T. Sequeiros-A Rúa e final na L.M.T. ó C.T. Albaredo, cunha lonxitude de 341 m conductor tipo LA-56/54,46 mm e 4 apoios de formigón.

3. Liña de media tensión aérea núa enlace coa L.M.T. ó C.T de Vilaester, con tensión nominal de servicio de 20 kV, con orixe no P-21 da L.M.T. Sequeiros-A Rúa e final na L.M.T. ó C.T. de Vilaester, cunha lonxitude de 95 m, conductor tipo LA-56/54,46 mm.

Quinto.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Ourense someteu o citado proxecto de instalacións, xunto coa relación de bens e dereitos afectados, a trámite de información pública mediante Resolución do 30 de xuño de 1998, publicada no DOG do 31 de agosto, BOP de Ourense do 24 de agosto e o diario La Región de Ourense do 6 de agosto e nos taboleiros de anuncios do Concello da Rúa; así mesmo a delegación provincial notificou individualmente a mencionada solicitude a cada un dos interesados que figuran na dita relación, no caso de titulares descoñecidos ou de enderezo ignorado, deu traslado das actuacións ó Ministerio Fiscal.

Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servicios, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente.

Sexto.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo someteu o citado proxecto de instalacións, xunto coa relación de bens e dereitos afectados, a trámite de información pública mediante Resolución do 12 de xuño de 2001, publicada no DOG do 2 de agosto, BOP de Lugo

do 17 de xullo e o diario El Progreso do 12 de xullo e nos taboleiros de anuncios do Concello de Quiroga; así mesmo a delegación provincial notificou individualmente a mencionada solicitude a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servicios, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente.

Sétimo.-Durante o período en que se someteu a trámite de información pública, formuláronse as seguintes alegacións:

Concello da Rúa (Ourense):

-Enrique Gómez Enríquez (parcela nº 48), solicita que se manteña o trazado antigo para a nova instalación eléctrica, trazado que xa afecta a súa propiedade, ou subsidiariamente que se lle expropie a totalidade do predio.

Concello de Quiroga (Lugo):

-Gertrudis Nogueira Vidal manifesta que a afección da parcela é incorrecta, sendo esta un predio madeirable, que ten seis castiñeiros, e alega estar afectada pola liña noutro predio da súa propiedade denominada O Cal por servidume de voo.

-José López Marcos (parcelas nº 39 e 40) alega que o tipo de cultivo no predio nº 39 non é de monte baixo, senón que existen 38 piñeiros e 3,5 castiñeiros; en canto á afección da parcela nº 40 alega que existen 64 piñeiros e 6,5 castiñeiros, solicita se corrixa a afección.

-Joaquín García Nogueira (parcela nº 77/A) alega que hai un erro na afección, que se trata dun prado no que existen unha oliveira e tres nogais, ademais do incalculable valor sentimental que ten a citada parcela, da que quere evita-la súa expropiación.

As alegacións foron remitidas á empresa beneficiaria para a súa contestación, facilitando esta as informacións adicionais.

Oitavo.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial de Ourense e Lugo, comprobándose mediante inspección sobre o terreo seguindo o trazado proposto para a instalación desta liña, que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da servidume de paso, non se dan as prohibicións nin limitacións previstas no artigo 57 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia,

Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación a elas por parte da empresa promotora e o resto da documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1. Tomouse en consideración a alegación formulada por Enrique Gómez Enríquez, en relación a que se respecte o trazado antigo da liña.

2. Non se toman en consideración as alegacións referidas á valoración da afección das parcelas, por non ser obxecto desta fase do expediente, correspondendo esta valoración á fase de prezo xusto.

3. Con respecto ás alegacións referidas a posibles erros na determinación de servidumes así como na natureza dos terreos afectados estas se tomarán en consideración cando se proceda ó levantamento de actas de ocupación incluíndose na correspondente folla de aprecio.

4. A Joaquín García Nogueira non se lle expropia o terreo, senón que se trata dunha servidume de paso da liña eléctrica.

Cuarto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autoriza-la liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 20 kV, Sequeiros-A Rúa, nos termos municipais da Rúa (Ourense) e Quiroga (Lugo).

2. Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

3. Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas