Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 04 de abril de 2002 Páx. 4.271

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 94/2002, do 14 de febreiro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio de artes plásticas e deseño de moldes e reproduccións cerámicas, correspondente á familia profesional de cerámica artística, así como o acceso ó dito ciclo formativo.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, determina no seu artigo 4, que se entende por currículo o conxunto de capacidades terminais, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación de cada un dos niveis, etapas, ciclos, graos e modalidades nos que se organiza a práctica educativa. Sobre esta base efectúa un dobre reparto competencial, atribuída por unha parte, ó Goberno a fixa-los aspectos básicos do currículo que constituirán as ensinanzas mínimas en todo o Estado, coa finalidade de garantir unha formación común de tódolos alumnos e a validez dos títulos correspondentes e, por outra, atribúe ás administracións con competencia en materia educativa o establecemento do currículo do que formarán parte as ditas ensinanzas mínimas.

Polo tanto, unha vez publicado o Real decreto 676/1993, do 7 de maio, polo que se establecen as directrices xerais sobre os títulos e as correspondentes ensinanzas mínimas de formación profesional, definidas as ensinanzas mínimas correspondentes ó título de técnico de artes plásticas e deseño en moldes e reproduccións cerámicas polo Real decreto 1459/1995, do 1 de setembro, e tendo en conta o establecido no Real decreto 389/1992, do 15 de abril, sobre os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas, procede establece-lo currículo do dito ciclo formativo para o ámbito de competencia da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Cómpre asegurar no alumnado unha formación artística de calidade e garanti-la cualificación dos futuros profesionais das artes plásticas e deseño. Por iso, o currículo inclúe, ademais dos coñecementos académicos vinculados á ensinanza máis tradicional, outros aspectos inherentes á formación profesional e que permitan a incorporación dos xoves á vida activa, cun grao de formación que lles permita adaptarse ás modificacións que poidan producirse

ó longo da súa vida e que contribúa á formación permanente dos cidadáns ó tempo que atende as demandas de cualificación do sistema productivo, e tendo en conta as necesidades de desenvolvemento económico e social da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa dimensión no fomento do noso patrimonio cultural.

As ensinanzas de artes plásticas e deseño están constituídas por un conxunto de ciclos formativos cunha organización modular variable tanto na duración destes como na diversidade de áreas de coñecemento teórico-prácticas en función dos distintos campos profesionais. As capacidades terminais dos distintos módulos profesionais, definidos neste decreto, describen o comportamento conxunto do alumnado en termos de resultados avaliables que se requiren para acada-los aspectos básicos da competencia xeral. Estes aspectos básicos aseguran unha cualificación común do titulado, garantía do título en todo o Estado e de correspondencia europea das cualificacións outorgadas ós alumnos.

Os contidos curriculares non teñen que ser interpretados como unidades temáticas, nin por tanto, necesariamente organizados na mesma orde na que aparecen nesta norma, precisando, polo tanto, dunha ulterior concreción por parte do equipo de profesores que, coa necesaria flexibilidade, programarán interdisciplinarmente as secuencias de aprendizaxe, destacando nos ámbitos artísticos, técnicos e naqueles específicos do ámbito profesional do alumno, os contidos de maior significación cara ó desenvolvemento cualificado das actividades profesionais. Esta concreción ten que referirse principalmente ás liñas xerais de aplicación dos criterios de avaliación, á metodoloxía e ás actividades de carácter didáctico. Finalmente, cada profesor, no marco deste proxecto, realizará a súa propia programación, recollendo os procesos educativos que se propón desenvolver na aula.

Os criterios de avaliación establecen o tipo e grao de aprendizaxe que se espera que acaden os alumnos nun momento determinado, respecto das capacidades indicadas nos obxectivos xerais e nos específicos de cada módulo. O nivel de cumprimento destes obxectivos, en relación cos criterios de avaliación fixados, deben ser medidos con flexibilidade, tendo en conta as características e posibilidades dos alumnos.

A incorporación ós ciclos formativos de fases de formación práctica e da obra final é un elemento fundamental na construcción deste modelo formativo. A colaboración de profesionais, entidades e institucións contribuirá á concreción de proxectos educativos que anticipen solucións reais no mundo laboral.

Para completa-lo currículo, o centro docente dispón dun determinado número de horas lectivas que, xunto co módulo de formación en centros de traballo, permitirán a súa adaptación tendo en conta as características do alumnado, ás necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Asemade, o presente decreto regula o acceso a este ciclo formativo, por medio dunha proba específica que deberá avalia-los coñecementos e as aptitudes necesarias para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes a este ciclo, ó tempo que establece os requisitos de acceso a estes estudios.

En virtude de todo iso, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe do Consello Escolar de Galicia e previa deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de febreiro de dous mil dous,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. O presente decreto regula o currículo das ensinanzas do ciclo formativo de grao medio de artes plásticas e deseño de moldes e reproduccións cerámicas, pertencente á familia de cerámica artística, correspondente ó título de técnico de artes plásticas e deseño en moldes e reproduccións cerámicas, de acordo co establecido no epígrafe 3º do artigo 4 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e integra o establecido no Real decreto 1459/1995, do 1 de setembro, polo que se regulan as ensinanzas mínimas do dito ciclo formativo.

2. A denominación, nivel de formación profesional e duración deste ciclo formativo son as que se establecen no epígrafe 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

O presente decreto será de aplicación no ámbito territorial de xestión da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Artigo 3º.-Perfil profesional.

A competencia e as capacidades profesionais, as tarefas máis significativas e o campo profesional, que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 4º.-Currículo do ciclo formativo.

1. Para os efectos do disposto neste decreto, enténdese por currículo do ciclo formativo de grao medio de artes plásticas e deseño de moldes e reproduccións cerámicas o conxunto de capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación que regularán a práctica docente neste ciclo formativo, as fases de formación práctica en empresas, estudios e talleres, así como a obra final.

2. Os obxectivos xerais do ciclo formativo de grao medio de moldes e reproduccións cerámicas son os que se establecen no punto 3.1 do anexo deste decreto.

3. As capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación dos módulos correspondentes ó ciclo formativo a que se refire o presente decreto, a súa distribución en cursos e os tempos lectivos, así como

a obra final e a fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres son os que se establecen nos puntos 3.2, 3.3 e 3.4 do anexo do presente decreto.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 5º.-Ordenación académica das ensinanzas.

1. As presentes ensinanzas organízanse en módulos; fases de formación práctica en empresas, estudios ou talleres e obra final.

2. Para os efectos do disposto no presente decreto, o concepto «módulo» considerarase equivalente ó termo «materia teórica» «materia teórico-práctica» e «clases prácticas» a que se refire o Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas artísticas.

Artigo 6º.-Admisión do alumnado.

Os criterios de admisión do alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no epígrafe 4.1. do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Avaliación.

1. A obtención do correspondente título requirirá a avaliación positiva das distintas capacidades nas que se estructura o ensino impartido no centro educativo: dos módulos, das fases de formación práctica en empresas, estudios ou talleres, así como da obra final.

2. A organización e avaliación da fase de formación práctica en empresas e da obra final é a que se expresa no epígrafe 4.2 e 4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Profesorado.

As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no epígrafe 4.4 do anexo deste decreto.

Artigo 9º.-Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no epígrafe 4.5 do anexo deste decreto.

Artigo 10º.-Relación numérica profesor/alumno.

De conformidade co establecido no artigo 44 do Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se regulan os requisitos mínimos dos centros que impartan as ensinanzas artísticas, manterase unha relación numérica profesor/alumno, que se determina no epígrafe 4.6 do anexo deste decreto.

Artigo 11º.-Correspondencias.

1. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá recoñece-la correspondencia coa práctica laboral dos módulos que se indican no punto 4.7 do anexo do presente decreto.

Así mesmo, poderá quedar total ou parcialmente exento da fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres, quen acredite experiencia laboral

no campo profesional directamente relacionada con este ciclo formativo.

Artigo 12º.-Acceso ó bacharelato e validacións.

O epígrafe 4.8 do anexo deste decreto recolle a modalidade de bacharelato á que dá acceso este título, así como os módulos do ciclo formativo que poden ser obxecto de validación con materias de bacharelato.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria determinará as validacións entre módulos deste ciclo cos doutros ciclos formativos de grao medio de artes plásticas e deseño da familia profesional de cerámica artística ou, se é o caso, de diferente familia profesional, atendendo á correspondencia dos seus contidos.

Artigo 13º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no epígrafe 4.9 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste epígrafe serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características do alumnado, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Artigo 14º.-Proxecto curricular.

1. Os centros docentes concretarán e complementarán o currículo do ciclo formativo de grao medio de artes plásticas e deseño de moldes e reproduccións cerámicas mediante a elaboración de proxectos curriculares para o dito ciclo.

2. O proxecto curricular de centro deberá conter unha adecuación dos obxectivos xerais deste ciclo ás características do alumnado, criterios metodolóxicos de carácter xeral en relación co proceso de avaliación, así como en materia de diversificación curricular.

3. O proxecto curricular do centro incluirá, así mesmo, a distribución das capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación do ciclo formativo, incluídos os programas de cada materia. A dita distribución non deberá variar para un mesmo grupo de alumnos ó longo do dito ciclo.

4. O proxecto curricular do centro formará parte da programación da súa actividade docente e incorporarase á programación xeral correspondente.

5. Os profesores desenvolverán programacións da súa actividade docente de acordo co currículo e co proxecto curricular do centro.

Disposición transitoria

Única.-Ata tanto se determinen as novas especialidades docentes, a competencia do profesorado pertencente ós corpos de profesores e mestres de taller

de artes plásticas e deseño para a impartición de cada módulo, queda definida pola súa pertenza ás especialidades que se indican no epígrafe 4.4 do anexo do presente decreto. Non obstante, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no seu ámbito de competencia e durante o mesmo período transitorio, poderá autoriza-la impartición de determinados módulos a aqueles docentes que, á promulgación deste decreto, se encontrasen impartindo materias equivalentes da anterior ordenación, sempre que acrediten preparación para isto.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dicta-las disposicións necesarias para a aplicación e desenvolvemento do establecido no presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, catorce de febreiro de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: técnico de artes plásticas e deseño en moldes e reproduccións cerámicas.

-Nivel: grao medio de artes plásticas e deseño.

-Duración: 1.600 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral:

Desenvolve-los procesos básicos de realización de moldes e reproduccións cerámicas.

Interpretando con rigor a información proxectual que se lle subministre, xa sexa gráfica ou corpórea, escrita ou oral, referente ós distintos procesos de traballo distintivos desta especialidade, resolvendo os problemas artísticos e tecnolóxicos que se planeen durante o proceso de realización.

2.2. Capacidades profesionais:

* Aplica-los sistemas de reproducción de prototipos cerámicos mediante moldes.

* Describi-las especificacións técnicas dos equipos e maquinaria utilizada, organizando as medidas para o seu mantemento periódico preventivo.

* Aplica-las medidas preventivas necesarias para que os procesos de realización utilizados non incidan negativamente no medio ambiente.

* Analiza-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade profesional neste campo.

2.3. Tarefas máis significativas:

* Preparación de materias para a realización de moldes.

* Acondicionamento de modelos e matrices.

* Reproducción de moldes a partir de matrices.

* Enchido e baleirado de moldes.

* Desmoldeamento e repasado.

* Control de grosores de parede.

* Pegado, accesorios e repasado.

2.4. Campo profesional:

O seu campo profesional comprende as empresas cerámicas ou talleres artesáns que requiran da creación e reproducción de moldes, colaborando no proceso de producción seriada.

O profesional deste nivel exercerá a súa actividade en empresas e talleres de carácter artesán e artístico, xa sexan públicos ou xa privados, pequenos, medianos ou grandes, relacionados coa realización de moldes e reproduccións cerámicas.

Pode tamén exercer como profesional independente ou asociado en cooperativa.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo:

* Analizar e desenvolve-los procesos básicos de realización de moldes e reproduccións cerámicas.

* Interpreta-las tecnoloxías tradicionais e actuais propias desta especialidade.

* Utiliza-los sistemas de reproducción de prototipos cerámicos mediante moldes.

* Interpretar con rigor e sensibilidade artístico-plástica a información proxectual que se lle subministre, xa sexa gráfica ou xa corpórea, escrita ou oral, referente ós distintos procesos de traballo distintivos desta especialidade.

* Resolve-los problemas artísticos e tecnolóxicos que se presentan durante o proceso de realización.

* Aplicar con detalle as especificacións técnicas dos equipos e da maquinaria utilizada e organiza-las medidas para o seu mantemento periódico preventivo.

* Aplica-las medidas preventivas necesarias para que os procesos de realización utilizados non incidan negativamente no medio ambiente.

* Identifica-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade profesional neste campo.

3.2. Capacidades terminais, contidos e criterios de avaliación dos diversos módulos:

3.2.1. Módulo 1: debuxo:

Capacidades terminais

* Aplicar correctamente diferentes técnicas de expresión gráfica sobre distintos materiais propios do debuxo.

* Aplicar correctamente nas composicións que se creen os elementos de análise visual e as súas relacións.

* Aplica-lo debuxo xeométrico á representación de formas planas relacionadas coa especialidade.

* Representar formas básicas tridimensionais do contorno, mediante claroscuro.

* Interpretar correctamente bosquexos, debuxos e planos, así como toda a normativización empregada na representación gráfica de proxectos propios da especialidade.

Contidos

* Elementos básicos da plástica. A composición como campo visual.

* Xeometría plana.

* Análise de formas planas volumétricas. Concepto de claroscuro. Composición.

* Representación de formas planas e os seus desenvolvementos.

* Debuxo e representación técnica.

* Técnicas gráficas.

Criterios de avaliación

* Interpretar e representar composicións planas e volumétricas reducindo as súas estructuras máis simples.

* Traza-las formas xeométricas básicas e deduci-los seus desenvolvementos.

* Bosquexar un obxecto e representalo mediante as súas proxeccións.

* Utilizar correctamente mediante criterios propios as distintas técnicas gráficas.

* Expresar correctamente, oralmente ou por escrito, os seus coñecementos e opinións persoais sobre a materia, utilizando o vocabulario adecuado.

* Elaborar respostas creativas demostrando sensibilidade artística no traballo.

3.2.2. Módulo 2: volume:

Capacidades terminais

* Realizar composicións en relevo aplicando as técnicas de modelado, talla e baleirado.

* Elixi-los materiais idóneos para obte-la maior expresividade da composición e manexalos adecuadamente.

* Realizar composicións volumétricas derivadas dos volumes simples, por división, deformación, seriación, etc., e aplica-los principios compositivos: simetría, equilibrio, ritmo, proporción, etc.

* Construcción de formas tridimensionais exentas mediante calquera técnica, coas armazóns adecuadas á súa forma e ás súas dimensións.

* Realizar composicións volumétricas inspiradas na natureza, a través de series de simplificación sucesiva da forma.

* Realizar bosquexos volumétricos, de decoración de pezas da especialidade.

Contidos

* Os distintos materiais, ferramentas e técnicas.

* O relevo baixo, medio e alto.

* A forma exenta. Armazóns.

* Modelado, talla e construcción.

* Iniciación ó baleirado.

* A composición na creación volumétrica.

* As formas na natureza. Formas orgánicas, xeométricas e abstractas.

* A maquetación.

* Os materiais: plásticos (barro, escaiola, etc.), pétreos, orgánicos (madeira), sintéticos (plásticos, cementos, etc.), metálicos (ferro, aluminio, etc.), etc.

* Manexo adecuado dos diferentes tipos de materiais e ferramentas.

* Selección e aplicación dos diferentes procedementos volumétricos.

* Construcción de formas exentas e relevos a nivel básico, experimentando cos principios compositivos: simetría, equilibrio, ritmo, proporción, etc.

* Aplicación das formas da natureza na ornamentación volumétrica de pezas utilizables nas artes aplicadas da escultura.

Criterios de avaliación

* Utilizar correctamente os elementos que interveñen na composición, para a creación de formas volumétricas, dotadas de interese plástico.

* Aplica-los diferentes procesos escultóricos aprendidos, así como o uso das súas ferramentas e materiais propios.

* Realizar, a nivel básico, os procesos de baleirado e moldeado.

* Interpreta-la realidade con visión analítica e sintética aplicada ó estudio de formas volumétricas.

* Resolver de distintas maneiras e con orixinalidade os problemas formais que se presenten.

3.2.3. Módulo 3: historia da cultura e da arte: cerámica:

Capacidades terminais

* Distingui-los comportamentos histórico-culturais da humanidade ó longo do tempo relacionado cos feitos artísticos ós que deron lugar.

* Analiza-los ciclos culturais cun criterio aberto, deducindo o esencial das súas peculiaridades ideolóxicas, sociais, económicas e artísticas.

Contidos

* Concepto de cultura, de arte e de arte aplicada. Valoración da cerámica como arte aplicada e como manifestación cultural. O home e o seu contorno

na Prehistoria: aparición e evolución das artes cerámicas. Configuración cultural e artística das civilizacións antigas. O clasicismo e a súa transcendencia. Caracteres e aplicacións das artes do barro no mundo antigo.

* Aspectos distintivos da cultura e da arte na alta Idade Media. Valoración da estética e a ornamentación islámica, con especial referencia á cerámica e ás súas modalidades españolas. O Occidente dos séculos XI ó XV: evolución política, socioeconómica e artística. Achegas cerámicas do mudexarismo.

* A idade do Humanismo: caracterización política, social, cultural e económica. Conceptos plásticos renacentistas. O italianismo e as súas repercusións. Valores plásticos e ornamentais da cerámica e as súas peculiaridades nacionais.

* A cultura aristocrática do Barroco e as súas manifestacións artísticas. Hexemonía francesa e a súa transcendencia. O século do Racionalismo. O mundo ornamental do Rococó. Caracteres e evolución das elaboracións cerámicas ó longo de ámbolos períodos.

* O novo clasicismo. Consecuencias políticas, económicas e sociais da Revolución Industrial e da Revolución Francesa. Panorámica cultural e artística do século do Liberalismo. Repercusións da industrialización sobre as artes cerámicas. Renovación artesanal de fin de século.

* Novos valores da cultura do século XX: formas de expresión artística e busca doutras linguaxes plásticas. Panorámica da evolución experimentada pola cerámica no noso século. Situación actual da cerámica de tipo popular.

Criterios de avaliación

* Grao de desenvolvemento da sensibilidade estética alcanzada.

* Comprensión razoada dos comportamentos histórico-culturais da humanidade ó longo do tempo e capacidade de relacionalos cos feitos artísticos a que deron lugar.

* Desenvolvemento da percepción visual e da sensibilidade no que toca ó coñecemento da esencia creativa, á evolución histórica e á situación espacio-temporal das realizacións cerámicas propias desta especialidade.

* Utilización dunha linguaxe clara e unha terminoloxía específica idónea.

3.2.4. Módulo 4: tecnoloxía dos materiais cerámicos:

Capacidades terminais

* Identifica-los materiais utilizados, tanto na producción de moldes, como na producción de obxectos cerámicos por molde.

* Describi-las condicións idóneas do molde e do material cerámico para a súa correcta conformación.

* Organiza-lo proceso cerámico, incluído o seu secado, cocción e os condicionantes que o molde impón no dito proceso.

* Aplicar técnicas e utilizar materiais non cerámicos de producción por moldeo.

Contidos

* Fundamentos de física e química.

* Materias primas cerámicas: características.

* Pastas, cubertas, englobes, vidrados e vernices.

* Secado e cocción.

* Procesos tecnolóxicos.

Criterios de avaliación

* O coñecemento das materias primas cerámicas, así como dos materiais utilizados na fabricación de moldes.

* A capacidade para expor oralmente ou por escrito os comportamentos físico-químicos das pastas empregadas no colado das pezas.

3.2.5. Módulo 5: informática básica:

Capacidades terminais

* Explica-lo proceso electrónico de datos e a estructura física e lóxica do ordenador.

* Describi-lo sistema de xestión interna do ordenador e analizar en qué dispositivos e cómo se almacena a información.

* Diferencia-los diversos sistemas de codificación da información.

* Analiza-la estructura, funcións e características básicas dun sistema operativo monousuario.

* Instalar e aplica-los comandos dun sistema operativo monousuario.

* Distinguir e identifica-los tipos de redes de transmisión de datos.

* Realizar operacións no contorno de traballo dunha rede de área local.

* Operar cun procesador de texto, distingui-las partes que forman un documento e crealo cun deseño preestablecido.

* Manexar a nivel de usuario as técnicas utilizadas para intercambiar datos, documentos ou gráficos entre programas.

Contidos

* Introducción á informática.

* Sistemas operativos.

* Dispositivos de entrada e de saída.

* Ofimática.

* Introducción ó software de deseño e ilustración.

Criterios de avaliación

* O coñecemento e a capacidade do alumno para utilizar correctamente o material e os equipos informáticos.

* A capacidade para selecciona-lo medio informático axeitado, os seus resultados, o seu alcance e as posibles combinacións con outros medios.

3.2.6. Módulo 6: proxectos de moldes e reproduccións cerámicas:

Capacidades terminais

* Interpreta-los proxectos naqueles aspectos relativos ó desenvolvemento de modelos.

* Desenvolve-los proxectos utilizando a metodoloxía e a estratexia axeitada.

Contidos

* Metodoloxía básica do proxecto.

* Proxectos.

Criterios de avaliación

* Desenvolver un proxecto sinxelo utilizando a metodoloxía e as estratexias axeitadas en cada caso.

* Creatividade demostrada no traballo.

3.2.7. Módulo 7: taller de moldes e reproduccións cerámicas:

Capacidades terminais

* Utiliza-lo conxunto de técnicas e procesos que preparan a ferramenta previamente á producción do obxecto cerámico.

* Realizar operacións de producción cerámica por moldeo utilizando diferentes técnicas a partir dun obxecto dado.

Contidos

* Técnicas de moldes.

* Despezamentos sobre modelos.

* Sistemas de reproducción.

* Modelamento e tala de accesorios e apliques.

* Repaso de pezas.

* Introducción a modelos e matrices.

* Cocción.

Criterios de avaliación

* Capacidade para realiza-los moldes e reproduccións a partir dun obxecto dado, utilizando as diferentes técnicas.

* Creatividade demostrada no traballo.

3.2.8. Módulo 8: formación e orientación laboral:

Capacidades terminais

* Describi-lo marco legal do traballo e identifica-los dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Adquiri-la sensibilización necesaria acerca da saúde laboral mediante a determinación de actuacións preventivas e de protección.

* Identifica-los procedementos de inserción na realidade laboral como traballador autónomo e por conta allea, así como as iniciativas para o traballo por conta propia.

* Recoñece-las actitudes e as capacidades cada vez máis necesarias para o acceso e a permanencia no emprego: colaboración, participación, flexibilidade e dispoñibilidade.

* Localiza-los organismos e institucións autonómicos, estatais e comunitarios, que prestan apoio á iniciativa empresarial e ó autoemprego, distinguindo as axudas económicas e as subvencións que se poden solicitar en cada caso.

* Adquiri-los coñecementos necesarios para xestionar e administrar unha pequena ou mediana empresa do sector: organización, localización, financiamento, producción, comercialización e a rendibilidade.

* Distingui-los instrumentos xurídicos, empresariais e profesionais propios da especialidade co obxecto de coñece-los dereitos e asumi-las obrigas que se derivan do labor profesional.

Contidos

* Normativa básica das relacións laborais e regulamentación específica.

* Saúde laboral. Prevención ante os riscos profesionais.

* O proceso de procura de emprego. Técnicas de procura activa. Fontes de información e emprego.

* Conceptos básicos de economía e mercadotecnia.

* Iniciativas para o traballo por conta propia: tipos de empresas, plan de viabilidade, constitución dunha empresa. Institucións e organismos que prestan axuda e asesoramento.

* Administración e xestión dunha pequena empresa do sector. Obrigas xurídicas e fiscais.

* Dereito aplicado á especialidade: lexislación en materia de obras de arte. Propiedade intelectual e propiedade industrial.

Criterios de avaliación

* Verifica-la asimilación dos conceptos fundamentais que se inclúen nos bloques temáticos.

* Contrasta-lo interese por asumir adecuadamente o papel laboral.

* Desenvolver actitudes axeitadas que faciliten a inserción, permanencia e promoción no mundo do traballo.

* Argumenta-la importancia da saúde persoal e colectiva.

* Actitude emprendedora e creativa diante das propias necesidades e aspiracións.

* Valora-la utilización correcta dunha terminoloxía específica.

3.3. Fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres:

Os seus obxectivos serán:

* Asumi-la realidade profesional para completa-la formación académica, realizando un cometido laboral de responsabilidade acorde co seu nivel.

* Tomar contacto co mundo do traballo e co seu sistema de relacións sociais, laborais e técnicas.

* Contrasta-los coñecementos adquiridos no centro educativo coa realidade empresarial e laboral.

* Adquirir coñecementos complementarios útiles para a práctica profesional, tanto sobre a organización e coordinación do traballo, propio da especialidade, como sobre a situación e as relacións do mercado laboral.

* Adquiri-los coñecementos técnicos sobre útiles, ferramentas, aparellos e máquinas que, pola súa especialización, custo ou novidade, non están ó alcance do centro educativo.

* Participar de forma activa nas fases do proceso productivo, baixo a titoría ou a dirección correspondente.

* Aplica-los coñecementos e as habilidades que se adquiriron na formación teórica e práctica do alumno e alumna nos centros docentes.

* Integrarse no mundo laboral e no sistema técnico-social da empresa.

3.4. Obra final:

A obra final ten como obxectivo comprobar que o/a alumno/a asimilou e ten a capacidade de integrar, sincretizar e aplica-los coñecementos teórico-prácticos e artísticos das ensinanzas cursadas no centro e, en consecuencia, de desempeña-la actividade profesional no campo desta especialidade e nivel cursados.

Nesta familia profesional, a obra final consistirá na realización dun ou de varios obxectos pertencentes ó campo da cerámica artística, xa sexa como peza illada ou xa como conxunto.

A obra final terá o seguinte contido:

* Información e comunicación:

-Memoria, onde se realizará unha análise dos procesos e fases de realización do obxecto, así como, polo menos, dos seguintes aspectos:

-Aspectos funcionais.

-Aspectos artísticos.

-Aspectos técnicos: materiais e procesos necesarios para a realización do producto final.

-Aspectos económicos: cálculo dos custos necesarios para a realización do producto final e rendibilidade e óptimo aproveitamento dos medios.

-Testemuña gráfica das diversas etapas do traballo conducentes á realización da obra e dos debuxos e bosquexos realizados.

* Realización: realización da obra a que se refire o proxecto ou da maqueta, en función da entidade do proxecto e das especificacións do tribunal.

-Representación gráfica: planos, detalles, instalacións. Incluirá unha memoria gráfica das diversas etapas da realización.

-Estudio económico: medicións e orzamentos.

-Programación e planificación da obra.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Admisión do alumnado:

4.1.1. Acceso con requisitos académicos:

Para acceder ó ciclo formativo de grao medio ó que se refire o presente decreto, será preciso estar en posesión do título de graduado en educación secundaria ou ter superados os estudios equivalentes a aquel título, segundo o establecido nos anexos I e II do Real decreto 986/1991, do 14 de xuño, polo que se aproba o calendario de aplicación do novo sistema educativo, modificado polo Real decreto 173/1998, do 16 de febreiro, e superar unha proba de acceso específica.

4.1.2. Exencións da proba de acceso específica:

Estarán exentos de realiza-la proba de acceso prevista no artigo 6 do presente decreto:

* Aqueles aspirantes que estivesen en posesión do título de técnico ou técnico superior de artes plásticas e deseño nunha especialidade da mesma familia profesional á que pretenda acceder.

* Aqueles aspirantes que tivesen superados os tres cursos comúns correspondentes ó plan de estudios de artes aplicadas e oficios artísticos que establece o Decreto 2127/1963, do 24 de xullo (BOE do 6 de setembro) e que se desenvolve pola Orde do 27 de decembro de 1963 (BOE do 23 de xaneiro de 1964).

* Aqueles aspirantes que superasen os dous cursos comúns do plan experimental de ensinanzas artísticas da Comunidade Autónoma de Galicia establecido polo Decreto 179/1988, do 7 de xullo (DOG do 18 de xullo).

* Aqueles aspirantes que estivesen en posesión do título de graduado en cerámica (opcións artística e industrial)

* Aqueles aspirantes que estivesen en posesión do título de perito en cerámica artística ou do título de perito en técnica cerámica.

4.1.3. Acceso sen requisitos académicos:

Non obstante ó disposto nos epígrafes anteriores, será posible acceder ó ciclo formativo establecido no presente decreto sen estar en posesión do título de graduado en educación secundaria, superando unha proba na que demostre tanto madureza intelectual, acreditada a través do dominio das capacidades lingüísticas, de razoamento e de coñecementos fundamentais da etapa educativa anterior relacionados coa ensinanza á que aspira, como as habilidades específicas necesarias para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes.

A dita proba será regulada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

4.2. Fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres:

A fase de formación práctica en empresas, estudios ou talleres, poderán consistir tanto na realización de prácticas en entidades de titularidade pública ou privada como en traballos profesionais academicamente dirixidos e integrados no currículo, así como aqueles efectuados no marco de programas de intercambio estatal ou de carácter internacional.

A fase de prácticas en empresas, estudios ou talleres realizarase unha vez superada a totalidade dos módulos. Excepcionalmente, o equipo docente do ciclo poderá autoriza-la súa realización simultánea coas actividades de recuperación a aqueles alumnos e alumnas que teñan un máximo de dous módulos sen superar, sempre que quede garantido que non se produce mingua na capacidade das tarefas de recuperación.

A avaliación será feita polo profesor titor ou profesora titora do centro educativo e nela colaborará a persoa responsable de formación do alumnado designada polo centro de traballo no período de estancia nel. A cualificación final estará expresada en termos de apto ou non apto. Será realizada polo titor do ciclo.

4.3. Obra final:

4.3.1. Fases de entrega e avaliación:

* Anteproxecto. Unha vez aprobados os módulos e a fase de formación práctica en empresas, estudios ou talleres, o alumno presentará un proxecto da obra final da súa especialidade, dirixido por un profesor titor, ante un tribunal avaliador. O anteproxecto deberá reflectir a grandes trazos o contido da obra que se vaia realizar.

* Aceptación. Para a aceptación do anteproxecto o tribunal avaliador terá en conta os seguintes aspectos:

-O seu interese global, tendo en conta a proposta estética, a orixinalidade da formulación e a súa adecuación á demanda real do producto de que se trate.

-A posibilidade de realización efectiva da obra final, nos prazos establecidos e tendo en conta os medios e as instalacións con que se conta.

No suposto de non aceptación, o tribunal ofertaralle unha proposta alternativa ó alumno.

* Inscrición. Formalizarase unha vez aceptado o anteproxecto.

* Elaboración e prazo de execución. O proceso de realización da obra final desenvolverase dentro do último trimestre do curso no que se superasen os módulos do ciclo formativo.

* Avaliación. A obra final avaliarase globalmente. Cualificarase entre 0 e 10 puntos. Para a avaliación

positiva requírese unha cualificación igual ou superior a cinco.

O número máximo de convocatorias para a superación da obra final é de dúas. No suposto de que se dera algunha circunstancia que impedise o normal desenvolvemento do proxecto, a dirección do centro, con carácter excepcional, poderá autorizar unha convocatoria extraordinaria.

Os tribunais considerarán na avaliación das obras finais a súa capacidade ou interese pedagóxico para servir como pauta ou referencia ós demais alumnos e alumnas. Para tal efecto, incluirán no seu calendario de actividades a organización de exposicións das obras finais.

4.3.2. Titoría e tribunal avaliador:

A titoría da obra final correrá a cargo do titor do ciclo formativo ou dun membro do equipo docente. Neste último caso actuará como relator o titor.

A aceptación da proposta da obra final e a súa avaliación, así como a determinación específica dos prazos, procesos e pautas para a realización, entrega e avaliación das obras corresponderalle a un tribunal integrado por:

Presidente: o director do centro ou o profesor en quen delegue.

Secretario: o do propio centro, que actuará con voz pero sen voto, levantará acta das sesións e encargarase de facilitar e coordina-la utilización dos medios que, se é o caso, o centro pon ó dispor dos alumnos para a realización dos proxectos, no período establecido para a súa execución.

Vocais: polo menos tres, nomeados polo director, dos que dous membros serán profesores do ciclo. O director poderá designar ademais un profesional de recoñecido prestixio no campo correspondente ó ciclo formativo e alleo ó centro educativo.

4.4. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de moldes e reproduccións cerámicas:

Os funcionarios do corpo de profesores de artes plásticas e deseño e do corpo de mestres de taller de artes plásticas e deseño impartirán con carácter preferente os módulos deste ciclo de conformidade coa atribución de módulos a especialidades que figura na columna (A) do presente anexo.

Non obstante, co fin de lograr un óptimo aproveitamento dos recursos dispoñibles no centro, na súa organización, os devanditos módulos poderán ser impartidos por funcionarios e funcionarias doutras especialidades, de conformidade co que figura na columna (B), sen que iso derive efectos na adscrición de especialidade.

MódulosEspecialidade do profesorado

(A)(B)

1Historia da cultura e da arte: cerámicaCorpo: profesores de artes plásticas e deseño.

Especialidades:
-Historia da arte
-Historia da arte e da cerámica
-Cultura xeral cerámica

2DebuxoCorpo: profesores de artes plásticas e deseño.Corpo: profesores de artes plásticas e deseño.

Especialidades:Especialidades:
-Debuxo artístico-Proxectos de arte decorativa
-Colorido e procedementos pictóricos-Teoría e práctica do deseño
-Composición decorativa, pintura e escultura relixiosa-Debuxo lineal
-Decoración sobre pastas cerámicas-Deseño cerámico
-Análise de forma e cor-Deseño industrial cerámico
-Procedementos pictóricos-Debuxo arqueolóxico
-Técnicas de colorido aplicado á cerámica-Debuxo e técnicas pictóricas
-Debuxo publicitario
-Composición ornamental
-Estilización artística e colorido
-Decoración elemental cerámica

3Formación e orientación laboralCorpo: profesores de artes plásticas e deseño.

Especialidades:
-Dereito usual
-Organización industrial

4VolumeCorpo: profesores de artes plásticas e deseño.

Especialidades:
-Modelado e baleirado
-Imaxinería castelá
-Moldeaxe de figuras
-Moldes
-Adorno e figura

5Tecnoloxía dos

materiais cerámicos

Corpo: profesores de artes plásticas e deseño.Corpo: profesores de artes plásticas e deseño.

Especialidades:Especialidades:
-Química aplicada á cerámica-Matemáticas
-Análises químicas de cerámica-Coñecemento de materiais
-Colorido cerámico
-Física e química aplicadas á cerámica
-Materias primas cerámicas
-Laboratorio de análise química aplicada á cerámica
-Preparación cerámica
-Preparación elemental cerámica
-Tecnoloxía cerámica e procesos industriais
-Tecnoloxía industrial e laboratorio cerámico

6Informática básicaCorpo: profesores de artes plásticas e deseño.

Especialidades:
-Deseño asistido por ordenador
-Taquigrafía
-Taquimecanografía

7Proxectos de moldes e reproducciónsCorpo: profesores de artes plásticas e deseño.Corpo: profesores de artes plásticas e deseño.

cerámicas

Especialidades:Especialidades:
-Deseño cerámico-Debuxo artístico
-Deseño industrial cerámico-Colorido e procedementos pictóricos
-Teoría e práctica do deseño-Composición decorativa, pintura e escultura relixiosa
-Proxectos de arte decorativa-Decoración sobre pastas cerámicas
-Modelado e baleirado-Análise de forma e cor
-Imaxinería castelá-Procedementos pictóricos
-Moldeaxe de figuras-Técnicas de colorido aplicado á cerámica
-Moldes-Debuxo publicitario
-Adorno e figura-Composición ornamental
-Estilización artística e colorido
-Decoración elemental cerámica

8Taller de moldes e

reproduccións

Corpo: mestres de taller de artes plásticas e deseño.Corpo: mestres de taller de artes plásticas e deseño.

cerámicas

Especialidades:Especialidades:
-Matricería-Decoración árabe
-Moldeo e montaxe de porcelana-Técnicas do xeso
-Moldes e reproduccións
-Manufactura cerámica
-Modelismo industrial
-Moldes
-Baleirado
-Baleirado e moldeado

4.5. Espacios e instalacións:

As condicións de espacio e instalacións que deben reuni-los centros educativos son as que fixa o Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se regulan os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas artísticas.

Para os efectos do disposto no artigo 40.1º, parágrafos k), l), m), do real decreto anteriormente citado, os módulos do presente ciclo formativo clasifícanse nos seguintes puntos:

* Teóricos.

-Historia da cultura e da arte: cerámica.

-Formación e orientación laboral.

* Teórico-prácticos.

-Debuxo.

-Volume.

-Tecnoloxía dos materiais cerámicos.

-Proxectos de moldes e reproduccións cerámicos.

* Talleres específicos.

-Taller de moldes e reproduccións cerámicos.

-Informática básica.

Espacio formativoSuperficieGrao de utilización

Aula teórica45 m15%

Aula teórico-práctica80 m40%

Aula de informática30 m5%

Taller de moldes e reproduccións cerámicos60 m40%

4.6. Relación numérica profesor/alumno:

De conformidade co establecido no artigo 44 do Real decreto 389/1992, do 15 de abril, polo que se regulan os requisitos mínimos dos centros que impartan as ensinanzas artísticas, manterase unha relación numérica entre profesor e alumno non superior a 1/15 nos módulos seguintes: taller de técnicas de decoración cerámica e informática básica. Ó resto dos módulos aplicaráselle a ratio máxima 1/30.

En función da dispoñibilidade de cada centro e sempre que sexa posible, tenderase a aplica-la relación 1/15 nos módulos impartidos nas aulas teórico-prácticas.

4.7. Correspondencias:

Poderán ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral os seguintes módulos:

* Taller de moldes e reproduccións cerámicos.

* Formación e orientación laboral.

Así mesmo, poderá quedar total ou parcialmente exento da fase de formación práctica en empresas, estudios e talleres, quen acredite experiencia laboral

no campo profesional directamente relacionado con este ciclo formativo.

4.8. Acceso ó bacharelato e validacións:

4.8.1. Modalidades do bacharelato ás que dá acceso este título:

* Bacharelato de artes.

4.8.2. Módulos do ciclo formativo que poden ser obxecto de validación con materias do bacharelato:

Módulo profesionalMateria do bacharelato

VolumeVolume

DebuxoDebuxo artístico I

Debuxo técnico

4.9. Distribución horaria:

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse da seguinte forma:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

255Taller de moldes e reproduccións cerámicas

95Historia da cultura e da arte: cerámica

225Debuxo

225Volume

95Tecnoloxía dos materiais cerámicos

65Horas de libre disposición

960Total

4º, 5º e 6º trimestre

65Proxectos de moldes e reproduccións cerámicas

65Informática básica

285Taller de moldes e reproduccións cerámicas

65Formación e orientación laboral

480Total

95Obra final

65Formación práctica en empresas, estudios ou talleres

160Total

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA