Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 03 de abril de 2002 Páx. 4.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BURELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste concello, con data do 22 de febreiro do ano que corre, aprobou o estudio de detalle de iniciativa particular para parcela sita en solo urbano con fronte ás rúas Nosa Sra. do Carme ó oeste e Rosalía de Castro ó leste, e contigua a outra parcela sita na rúa Covamoura, en Burela (Lugo).

O devandito estudio de detalle exponse ó público polo prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no DOG, de conformidade co sinalado no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Burela, 27 de febreiro de 2002.

P.D.F. (Resolución da alcaldía do 8-9-1999)

Cristóbal Edrosa Fernández

Segundo tenente de alcalde