Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 03 de abril de 2002 Páx. 4.247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Bueu.

2. Obxecto do contrato: execución de obra: dotación de ascensor, cambio de estructura de cuberta e acondicionamento planta 2ª. Fase 2. Prazo 4 meses.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: 98.011,80 euros, IVE e demais tributos incluídos.

5. Garantías. Provisonal: non se esixe. Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de información e documentación: Concello de Bueu. Eduardo Vicenti, 10 36930 Bueu Pontevedra. Teléfono 986 39 00 29, telefax 986 32 20 99.

7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas.

Clasificación: non esixible.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo e lugar: no Concello de Bueu, durante os 13 días naturais desde o seguinte ó de publicación deste anuncio no último dos boletíns no que apareza

(DOG ou BOP), das 8 ás 14 horas de luns a venres e das 9.30 ás 13 horas os sábados, no rexistro xeral do concello ou da forma sinalada na cláusula 11 do prego de condicións.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións constarán de 2 sobre pechados, A e B, denominados Documentación xeral e Documentación específica para o concurso, coas inscricións e contendo a documentación que se sinala na cláusula 11 dos pregos de condicións particulares.

9. Apertura das ofertas: ás 13 horas do 3º día hábil seguinte ó de finalización do prazo para a presentación de proposicións (para efectos da apertura o sábado considerarase inhábil).

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Máis información nos pregos, que se cosultará en horario de oficinas na propia casa do concello.

Bueu, 14 de marzo de 2002.

Tomás Barreiro Sotelo

Alcalde