Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 03 de abril de 2002 Páx. 4.240

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/35-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Red Eléctrica de España, S.A.

Domicilio social: Conde de los Gaitanes, 177, La Moraleja, 28109 Alcobendas (Madrid).

Denominación: ampliación parque 220 e 400 kV na subestación Cartelle.

Situación: Cartelle.

Descricións técnicas: modificación do parque de 220 kV, que adopta a seguinte configuración das rúas: R/0=posición de axustamento; R/1=posición auto 2; R/2=posición Pazos; R/3=posición Castrelo 1; R/4=posición auto 1; R/5=posición Frieira; R/6=posición Castrelo 2 e R/7=posición Velle. Construcción de nova caseta de relés para control e manobra das novas posicións Castrelo 2, Velle e Frieira.

Modificación do parque de 400 kVA, que adopta a seguinte configuración das rúas: R/1 non existe; R/2=auto 1 e 2; R/3=liña Mesón 1 e liña Lindoso 1; R/4=L/Mesón 2 e L/Lindoso 2; R/5=L/Trives 1 e futura liña e R/6=L/Trives 2 e futura liña.

Ámbolos dous parques equípanse na ampliación cos elementos necesarios: interruptores, seccionadores, transformadores, etc.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 1 de marzo de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense