Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administra
tiva e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Outeiro-Margarida.
Situación: Cabana de Bergantiños.
Descricións técnicas: ramal L.M.T. aérea a 15/20 kV de 10 m de lonxitude con conductor LA-56, que parte da L.M.T. a C.T. Margarida. Centro de
transformación aéreo de 50 kVA no lugar de Outeiro e R.B.T. de 930 m con conductor R.Z. deste mesmo trafo. R.B.T. en conductor R.Z. de 1.483 m do C.T. Margarida. Concello de Cabana de Bergantiños.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 20 de febreiro de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña