Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 03 de abril de 2002 Páx. 4.237

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 12 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/38-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e c. seccionamento polígono industrial Cabanelas-G. Oliveira.

Situación: Ribadumia.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 428 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde o C.T. polígono de Cabanelas, ata o centro de seccionamento que se proxecta ó lado da parcela de granitos Oliveira, no polígono industrial, no concello de Ribadumia. Centro de seccionamento con tres celas de liña CML-SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 12 de febreiro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra