Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 03 de abril de 2002 Páx. 4.237

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 12 de febreiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/32-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. enlace coa nova subestación As Carolinas.

Situación: concello de Vilagarcía de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, con conductor tipo R.H.V., desde a nova sub. As Carolinas, en Vilagarcía de Arousa, e final en: 1. L.M.T., sub. rúa Nova-Friáns (672 m); 2. L.M.T., sub. porto-Vilaxoán (672 m); 3. L.M.T., sub. Dr. Tourón (672 m); 4. L.M.T., sub. Caldas (672 m); 5. L.M.T., sub. Larsa (672 m); 6. L.M.T., sub. Riavella (672 m); 7. L.M.T., sub. Catoira I-Carril (515 m); 8. L.M.T., sub. Catoira II-Devesa (515 m); 9. L.M.T., sub. Carril (515 m).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 12 de febreiro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra