Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 03 de abril de 2002 Páx. 4.211

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 15 de marzo de 2002 pola que se establecen os prezos privados polos servicios prestados nos laboratorios dependentes da Consellería de Sanidade.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu capítulo I do título II, que os prezos privados serán fixados polas consellerías atendendo ás condicións e circunstancias do mercado no que operen.

A Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, reformada pola Lei 8/1991, do 23 de xullo, do Servicio Galego de Saúde, establece no seu artigo 4.d) como competencia da Consellería de Sanidade aproba-los módulos económicos para a prestación de servicios propios e concertados, así como a súa modificación e revisión.

A Consellería de Sanidade, a través dos laboratorios das distintas delegacións provinciais, vén prestando de xeito asiduo unha serie de servicios nos que existe concorrencia coa oferta privada; en consecuencia, o seu prezo como en todos aqueles que non se recollen na presente orde é o de mercado.

A Orde do 21 de setembro de 1995 establece os prezos privados por servicios prestados nos laboratorios dependentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (na actualidade Consellería de Sanidade polo Decreto 306/2001, do 15 de decembro). Nembargantes, tendo en conta a evolución dos prezos dos servicios prestados en laboratorios privados, e que por parte dos laboratorios dependentes da Consellería de Sanidade se prestan servicios non recollidos na citada orde, resulta necesaria a súa actualización e ampliación.

En virtude de todo isto, por proposta da Dirección Xeral de Saúde Pública e logo de informe da Consellería de Economía e Facenda,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Atendendo ás condicións e circunstancias do mercado, fíxanse os prezos privados como consecuencia da prestación de determinados servicios polos laboratorios dependentes da Consellería de Sanidade que aparecen recollidos no anexo da presente orde.

Artigo 2º.-As tarifas fixadas no anexo enténdense, se é o caso, co IVE incluído.

Artigo 3º.-Estarán exentas do pagamento ás análises que se soliciten como consecuencia dun procedemento que se realice por instancia dun orga

nismo da Comunidade Autónoma, así como aquelas análises que se realicen como consecuencia dunha denuncia pública.

Artigo 4º.-Os ingresos que se produzan consignaranse co código de ingresos nº: 362300, en cumprimento da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de xuño de 1994, no seu anexo I.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a Orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de setembro de 1995 (DOG nº 19, do 13 de outubro de 1995) pola que se establecen os prezos privados polos servicios prestados nos laboratorios dependentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2002.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

1. Auga potable de consumo público, segundo o establecido no Real decreto 1138/1990, do 14 de setembro, polo que se aproba a Regulamentación técnico-sanitaria para o abastecemento e control da calidade das augas para consumo público:

1.1. Análises vixilancia tipo mínimo.

Prezo: 72,12 euros.

1.2. Análises vixilancia tipo normal.

Prezo: 135,23 euros.

1.3. Análises vixilancia tipo completo.

Prezo 1.592,68 euros.

2. Análises microbiolóxicas de alimentos e augas:

2.1. Análise microbiolóxica de alimentos. O seu importe estará en función das técnicas que se utilicen para cada determinación que se realice:

2.1.1. Identificación e reconto de microorganismos:

Prezo por microorganismo investigado: 36,06 euros.

2.1.2. Investigación de microorganismos patóxenos:

Prezo por patóxeno investigado: 66,11 euros.

2.1.3. Investigación de substancias inhibidoras:

Prezo por substancia investigada: 30,05 euros.

2.1.4. Identificación e cuantificación de microorganismos por outras técnicas microbiolóxicas non especificadas nesta orde.

Prezo por microorganismo investigado: 90,15 euros.

2.2. Análise microbiolóxica de augas envasadas, segundo anexo I, artículo 1.22º do Real decreto 1164/1991, do 22 de xullo, polo que se aproba a Regulamentación técnico-sanitaria para a elaboración, circulación e comercio de augas de bebida envasadas.

Prezo: 120,20 euros.

2.3. Análise microbiolóxica de augas de piscinas, segundo anexo II do Decreto 53/1989, do 19 de marzo, polo que se aproba o Regulamento sanitario de piscinas de uso colectivo, modificado polos Decretos 173/1992, do 18 de xuño e 122/1995, do 20 de abril.

Prezo: 108,18 euros.

3. Análise fisicoquímica de alimentos e augas . O seu importe estará en función das técnicas que se utilicen para cada determinación que se realice:

3.1. Conductimetría.

Prezo por parámetro ou analito: 12,02 euros.

3.2. Cromatografía en capa fina ( HPTLC).

Prezo de parámetro ou analito que se investigue en mostra de alimentos: 60,10 euros.

3.3. Cromatografía líquida alta eficacia (HPLC).

Prezo de parámetro ou analito que se investigue en mostra de alimentos: 150,25 euros.

Prezo de parámetro ou analito que se investigue en mostra de augas: 90,15 euros.

3.4. Cromatografía de gases.

Prezo de parámetro ou analito que se investigue en mostra de alimentos: 210,35 euros.

Prezo de parámetro ou analito que se investigue en mostra de augas: 108,18 euros.

3.5. Cromatografía de gases-masas.

Prezo de parámetro ou analito que se investigue en mostra de alimentos: 192,32 euros.

Prezo de parámetro ou analito que se investigue en mostra de augas: 96,16 euros.

3.6. Cromatografía de gases-masas-masas.

Prezo de parámetro ou analito que se investigue en mostra de alimentos: 198,33 euros.

3.7. ELISA.

Prezo de parámetro ou analito que se investigue en mostra de alimentos: 72,07 euros.

3.8. Espectrofotometría ultravioleta-visible.

Prezo de parámetro ou analito que se investigue por mostra: 27,05 euros.

3.9. Espectrofotometría de absorción atómica.

Prezo de parámetro ou analito que se investigue en mostra de alimentos: 57,10 euros.

Prezo de parámetro ou analito que se investigue en mostra de augas: 36,06 euros.

3.10. Gravimetrías.

Prezo por parámetro ou analito: 18,03 euros.

3.11. Potenciometría.

Prezo por parámetro ou analito: 15,03 euros.

3.12. Reflectometría.

Prezo por parámetro ou analito: 12,02 euros.

3.13. Turbidimetría ou nefelometría.

Prezo por parámetro ou analito: 12,02 euros.

3.14. Volumetrías:

Prezo por parámetro ou analito: 18,03 euros.

3.15. Pola identificación e cuantificación de parámetro ou analito por técnicas non instrumentais non especificadas nesta orde.

Prezo por parámetro ou analito: 39,07 euros.

3.16. Pola identificación e cuantificación de parámetro ou analito por técnicas instrumentais non especificadas nesta orde.

Prezo por parámetro ou analito 210,35 euros.