Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 01 de abril de 2002 Páx. 4.091

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VALDOVIÑO

ANUNCIO.

O alcalde-presidente deste concello, mediante Decreto 279/2001, acordou aprobar definitivamente o proxecto de urbanización denominado: proxecto de urbanización de dotación de servicios e pavimentación de vías no ámbito do Plan especial de mellora do núcleo rural de Mourente, no lugar de Mourente (Valdoviño).

Contra este acto de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio. Poderá sen embargo interpoñerse, con carácter previo e potestativo, recurso de reposición perante o mesmo órgano que o dictou, no prazo dun mes contado, así mesmo desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Valdoviño, 20 de febreiro de 2002.

José Antonio Rodríguez Fernández

Alcalde