Obxecto do contrato: realización das obras de reparación de cuberta e fachadas do colexio público Apóstolo Santiago.
Tipo de licitación: 95.921,54 euros, IVE incluído.
Prazo de execución: 2 meses.
Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.
Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9 e as 14 horas, dentro do prazo de trece días naturais, contados desde o seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.
Garantía provisional: 191,84 euros.
Clasificación do contratista: non se esixe.
Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela (Departamento de Contratación-Servicios). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27. Recollida de documentación: Copy Nova, rúa Nova de Abaixo, nº 12, local 4. Teléfono: 981 59 23 93.
Criterios de adxudicación: son os sinalados no prego de cláusulas administrativas.
Garantías: definitiva: 4% do importe de adxudicación.
Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o día hábil seguinte, non sábado, á finalización do prazo de presentación de proposicións.
Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2002.
O alcalde
Rubricado