Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 01 de abril de 2002 Páx. 4.076

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (484/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, doy fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 484/2001 por instancia de José Luis Castelo Ramos e outros contra la empresa Manuel Bermúdez Romero, sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 18-2-2002 que, copiada nos particulares necesarios di así:

Decido que, estimando a demanda promovida por José Luis Castelo Ramos, José Botana Calviño e Edelmiro Rochela Arias contra a empresa Manuel Bermúdez Romero, S.L. debo condenar e condeno a demandada, que lles aboe ós demandantes, por tódolos conceptos reclamados en demanda, as cantidades seguintes: a José Luis Castelo Ramos, 237.989 pesetas; a José Botana Calviño, 221.911 e a Edelmiro Rochela Arias, 221.911 pesetas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación á empresa Manuel Bermúdez Romero, expido e asino esta cédula na Coruña o 18 de febreiro de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA