Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 01 de abril de 2002 Páx. 4.075

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BECERREÁ

EDICTO (167/1995).

Ulpiano González López, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia de Becerreá (Lugo), fai saber que nos autos que a seguir se dirán, se dictou sentencia, cun encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«Dada en Becerreá (Lugo), o 19 de decembro de 2001.

Vistos por mi, Ulpiano González López, xuíz único de Primeira Instancia e Instrucción de Becerreá (Lugo), os autos de xuízo de retracto seguidos baixo o número 167/1995, sobre retracto de coherdeiros, por instancia do demandante Manuel Menéndez Vilela, representado polo procurador Antonio R. Posada Veiga e asistido polo letrado Pombo Injerto, contra Jesús López Pérez e a súa dona Julia López López, representados polo procurador Manuel Blas Pérez e asistidos polo letrado Manuel Bermúdez Tellado; herdeiros de Luis Menéndez Vilela, que son Esther Núñez Fernández, Fernando Menéndez Núñez e Roberto Menéndez Núñez (que apoderaron amplamente o codemandado Jesús López Pérez), e persoas descoñecidas e incertas que teñan interese neste asunto.

Decido que desestimo a demanda interposta polo procurador Antonio R. Posada Veiga, en nome e representación de Manuel Menéndez Vilela, contra Jesús López Pérez (que actúa no seu propio nome e no de Esther Núñez Fernández, Fernando Menéndez Núñez e Roberto Menéndez Núñez) e a súa dona Julia López López, representados polo procurador Manuel Blas Pérez e persoas descoñecidas e incertas que teñan interese no asunto.

En canto ás custas, son por conta do demandante.

Así o acordo e asino».

Contra esta resolución cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Lugo, que deberá prepararse, de se-lo caso, no prazo dos cinco días seguintes ó da súa notificación neste xulgado.

E para que conste e para a súa publicación no DOG, para que lle sirva de notificación en forma á parte demandada, expido e asino este edicto en Becerreá, o 20 de decembro de 2001.

O xuíz

Rubricado