Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 01 de abril de 2002 Páx. 4.074

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ANUNCIO do 5 de marzo de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifican as resolucións recaídas nos recursos de reposición formulados por Sabela Insua Pardo.

Con data do 4 de marzo de 2002 o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública dictou resolucións polas que se desestiman os recursos de reposición formulados por Sabela Insua Pardo contra a Orde do 29 de novembro de 2001 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de inspección pesqueira, e a Orde do 29 de novembro de 2001 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de axentes de extensión pesqueira (DOG nº 238, do 11-12-2001).

A recorrente non fixo constar nos escritos de interposición dos recursos ningún domicilio, polo que se ignora o lugar da notificación.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, en virtude do presente anuncio, notifícalle a Sabela Insua Pardo as resolucións do 4 de marzo de 2002 dos recursos de reposición formulados por ela contra as referenciadas ordes do 29 de novembro de 2001.

A recorrente pode recolle-las respectivas resolucións mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñe-la interesada o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa comparecencia para recolle-las resolucións, ou ó do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que a interesada compareza, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de

Xustiza de Galicia, conforme os artigos 8.2º e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2002.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública