Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2002 Páx. 4.010

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

ANUNCIO.

O Pleno do concello, en sesión que tivo lugar o 15 de marzo de 2002, acordou aprobar inicialmente o Plan parcial sector F de San Cibrao das Viñas (Ourense), por iniciativa de Caixanova.

O expediente sométese a información pública, polo prazo dun mes, para o seu exame e alegacións polos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 42 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O prazo contarase a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

San Cibrao das Viñas, 18 de marzo de 2002.

Elisa Nogueira Méndez

Alcaldesa