Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2002 Páx. 4.009

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADAVIA

ANUNCIO da convocatoria de concurso para a concesión do servicio de recolla, retirada e transporte de vehículos das vías públicas no municipio de Ribadavia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ribadavia. b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a concesión do servicio de recolla, retirada e transporte de vehículos das vías públicas.

b) Lugar de execución: Concello de Ribadavia (Ourense).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Garantías.

Provisional: 601,01 euros.

Definitiva (só adxudicatario): 3.005,06 euros.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Ribadavia. b) Enderezo: Praza Maior, s/n. c) Localidade e código postal: Ribadavia, 32400. d) Teléfono: 988 47 71 00. e) Fax: 988 47 71 01. f) Data límite de obtención de

documentación: o vixésimo sexto día (26 días naturais), desde o seguinte ó da publicación deste edicto no DOG (se coincidise con domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o seguinte día hábil).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: os establecidos no prego.

7. Presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día (26 días naturais) desde o seguinte ó da publicación deste edicto no DOG (se coincidise con domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o seguinte día hábil).

b) Documentación que integrará as ofertas: as proposicións por medio das cales se concorra á contratación convocada presentaranse consonte o establecido no prego de cláusulas administrativas que rexen o concurso.

c) Lugar de presentación: os mesmos datos do punto 5.

8. Apertura das ofertas.

a) Data: o primeiro día hábil seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións, salvo que coincida en sábado ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día hábil posterior.

b) Hora: 12 horas.

9. Outras informacións.

a) Criterios de valoración que se terán en conta para a adxudicación do concurso: os sinalados no prego de contratación.

b) Consulta de documentación: nas dependencias municipais.

10. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Ribadavia, 14 de febreiro de 2002.

José Pérez Iglesias

Alcalde