Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2002 Páx. 4.008

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o día 7 de febreiro de 2002 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar con carácter inicial un plan parcial dun sector da área 8 de SUNP delimitada no PXOU de uso global industrial, promovido por propietarios

de terreos no ámbito e redactado polo enxeñeiro industrial Juan M. Ruiz Caabeiro.

2. Somete-lo documento inicialmente aprobado a información pública polo prazo dun mes, o que se anunciará no DOG e nun xornal dos de maior difusión da provincia; débeselles notificar individualmente este trámite ós propietarios de terreos no ámbito.

Os prazos contarán desde a última publicación deste anuncio (DOG ou xornal) e poderá examinarse o expediente nas oficinas municipais do Servicio de Urbanismo e formula-las alegacións que consideren oportunas.

Culleredo, 8 de febreiro de 2002.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro delegado de Urbanismo