Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Mércores, 27 de marzo de 2002 Páx. 4.007

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO do 13 de febreiro de 2002, do Instituto Municipal A Coruña-Espectáculos, do concurso, con procedemento aberto, para a contratación da organización e explotación dos festexos taurinos que se celebrarán na Coruña con motivo das festas de María Pita.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Municipal A Coruña-Espectáculos.

2. Obxecto do contrato: organización e explotación dos festexos taurinos.

3. Prazo de execución: un ano prorrogable anualmente ata un maximo de catro (incluído período inicial e prórrogas) por mutuo acordo entre as partes.

4. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

5. Orzamento base de licitación: 96.160 euros anuais, (IVE incluído).

6. Garantía provisional: 1.923,20 euros.

7. Obtención de documentación e información:

a) Oficinas do IMCE, sitas no edificio Coliseum, avda. Alfonso Molina s/n, A Coruña.

b) Teléfono: 981 13 44 50. Fax: 981 13 60 01.

c) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

8. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas:

a) Prazo: quince días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado ou festivo o día de remate do prazo, quedará éste prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro do IMCE (oficinas do IMCE sitas na avda. de Alfonso Molina s/n, edificio Coliseum).

d) Admisión de variantes: si.

10. Apertura das ofertas económicas e da documentación técnica.

a) Lugar: Casa do Concello, praza María Pita 1-2º.

b) Data: quinto día hábil seguinte ó de transcurso do prazo de licitación (ás 9 horas).

11. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 13 de febreiro de 2002.

José Luis Méndez Romeu

Presidente do Instituto Municipal

A Coruña-Espectáculos