Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2002 Páx. 3.923

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTECESURES

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión con data do 27-2-2002, aprobou inicialmente o estudio de detalle de iniciativa particular, promovido por Antonio Mondragón Tanoira e Irmáns Mondragón, S.C., refe

rido ó solo urbano, na área delimitada polas rúas San Lois, vía férrea e Carlos Maside á vía férrea. Así mesmo, acordouse a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito territorial da citada parcela, delimitada por: norte: inmoble nº 28 da rúa San Lois; sur: rúa Carlos Maside, inmobles nº 8-A e nº 5; leste: rúa San Lois e oeste: vía férrea.

Durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderá ser examinado nas oficinas municipais e formularse as alegacións que procedan.

Pontecesures, 11 de marzo de 2002.

Manuel Luis Álvarez Angueira

Alcalde