Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2002 Páx. 3.923

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2002 pola que se anuncia a contratación, mediante concurso, da subministración de pezas de roupa de uniforme para a Policía Local de Ourense.

De conformidade co disposto no artigo 78 do TRLCAP, anúnciase concurso por procedemento aberto para a subministración de pezas de roupa de uniforme para a Policía Local de Ourense, conforme o seguinte contido:

-Obxecto do contrato: o obxecto do contrato mediante concurso é a subministración de pezas de roupa de uniforme.

-Duración do contrato: a vixencia do presente contrato terá unha duración de tres anos. O inicio comezará no prazo de quince días contados desde a data na que se formulen os pedidos correspondentes.

-Tipo de licitación: 147.126 euros.

-Garantía provisional: 2.942,56 euros.

-Presentación de proposicións: no rexistro xeral de 9 a 13 horas, no prazo de 26 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que apareza inserto o anuncio no BOP e DOG.

-Apertura de proposicións: terá lugar o día hábil seguinte a aquel en que finalice o de presentación de proposicións, ás 12 horas, no salón de sesións do concello.

-Modelo de proposición: recollido no prego de condicións económico-administrativas.

-Expediente: exposto ó público no Departamento de Tráfico (praza de San Martín, 1).

Ourense, 31 de xaneiro de 2002.

Alberto Luis Iglesias Díaz

Concelleiro delegado