Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2002 Páx. 3.922

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Por decreto de alcaldía do 20-2-2002, aprobouse o prego tipo de cláusulas administrativas particulares para a contratación, mediante concurso con procedemento aberto, de subministración e instalación de ascensores para o edificio Pazo da Cultura de Carballo, o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción do último anuncio no DOG, no BOP ou prensa, para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase concurso público, aínda que a licitación se aprazará, cando resulte

necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Prazo da obra: 2 meses.

Importe licitación: 37.049,94 A.

Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello ás 12 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas. No caso de resultar sábado, entenderase prorrogado ó día hábil inmediato seguinte.

Proposicións:

Lugar e prazo de presentación: presentaranse no Rexistro Xeral da Corporación, das 9 ás 13 horas, dentro do prazo de vinteseis (26) días contados desde o día seguinte ó da última publicación do anuncio de concurso no DOG ou BOP.

Documentación: presentarase en 3 sobres pechados conforme se indica no prego de condicións que se encontra exposto na secretaría do concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 20 de febreiro de 2002.

Manuel Varela Rey

Alcalde