Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2002 Páx. 3.922

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO de exposición pública.

Aprobado inicialmente por acordo do Pleno deste concello, do 6-3-2002, o expediente de modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento municipal, ordenanza 2.3.2.3.8 (zonas verdes e espacios libres de uso público) e os correspondentes planos de ordenación, respecto á posibilidade de utilización, con destino a velorio, do subsolo da zona verde 14 (antigo cemiterio), sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da aparición deste anuncio no último dos boletíns ou periódicos nos que deba ser publicado (BOP, DOG e Diario de Pontevedra).

Durante o dito prazo, o expediente atoparase á disposición dos interesados para que poidan examinalo e presenta-las alegacións que teñan por pertinentes.

Bueu, 8 de marzo de 2002.

Tomás Barreiro Sotelo

Alcalde