Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2002 Páx. 3.921

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARZÚA

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente polo Pleno deste Concello, na sesión do día 5 de marzo de 2002, a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento deste termo municipal, redactada polo arquitecto Isidro López Yáñez, co obxecto de reclasificar uns terreos de titularidade municipal para poder aplica-la ordenanza de equipamentos e dotacións a unha guardería infantil e a unha residencia de anciáns.

Dando cumprimento á previsión contida no artigo 42.1º, da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes -contado desde o día seguinte ó da última inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP-, durante este período poderá ser examinado o expediente e deducirse as alegacións pertinentes.

O dito acordo de aprobación inicial -conforme establece o artigo 34.2º da mesma lei- determina por si só, a resolución do procedemento de outorgamento de licencias na zona obxecto de planeamento, das que as novas determinacións supoñen modificación do réxime urbanístico vixente; a área afectada por esa suspensión é a seguinte:

As parcelas nº 12 e nº 1 do polígono 82307 do plano do catastro de urbana do concello de Arzúa, e nº 172 do polígono 17 do catastro de rústica do devandito concello, todas elas de titularidade municipal.

O primeiro dos predios, é dicir, o nº 12, está situado dentro da clasificación de solo urbano, e élle de aplicación a ordenanza de edificación cerrada EC.

Os dous últimos predios, é dicir, o nº 01 e o nº 172, están situados dentro da clasificación de solo non urbanizable común, e élle de aplicación a ordenanza SNU/N, solo non urbanizable normal.

Esta suspensión terá unha duración máxima dun ano e extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva desta modificación das normas subsidiarias.

En Arzúa, 13 de marzo de 2002.

Pilar Formoso Cotón

Alcaldesa accidental