Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Martes, 26 de marzo de 2002 Páx. 3.920

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2002, da Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, da subministracion sucesiva de equipos de infusión e arrendamento das bombas necesarias.

A Dirección de Xerencia do Hospital da Costa de Burela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación polo sistema de concurso público e procedemento aberto:

C.P. 2/2002, subministración sucesiva de equipos de infusión e arrendamento das bombas necesarias, dividido en 4 lotes.

Lote 1: equipos de infusión intravenosa para a administración de medicación por bomba, e arrendamento das bombas.

Lote 2: equipos para bombas de nutrición enteral, e arrendamento das bombas.

Lote 3: equipos para bombas volumétricas para a infusión prolongada de pequenos volumes, e arrendamento das bombas.

Lote 4: equipos para bombas de infusión ambulatoria con programación de fluxos para a administración continuada de analxésicos, e arrendamento das bombas.

Orzamento: 43.182 A (arrendamento das bombas incluído).

Lote 1: 26.370 A/ano (vinteseis mil trescentos setenta euros/ano).

Lote 2: 3.000 A/ano (tres mil euros/ano).

Lote 3: 3.270 A/ano (tres mil douscentos setenta euros/ano).

Lote 4: 10.500 A/ano (dez mil cincocentos euros/ano).

Arrendamento das bombas: 42 A ano.

1. Prazo de execución: desde o asinamento do contrato ata o 31-12-2002, con posiblidade de prórroga por anos naturais.

2. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións do Hospital da Costa; teléfono 982 58 99 56 e fax 982 58 99 86, durante o prazo de admisión de proposicións.

3. Admisión de variantes: consideraranse as proposicións que, respectando o obxecto do contrato e o orzamento máximo autorizado, incorporen para a prestación de subministracións solucións alternativas ás definidas nas prescricións técnicas.

4. Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo I do prego.

5. Solvencia técnica: acreditarase por algún de entre os documentos sinalados no anexo II do prego.

6. Criterios de adxudicación.

Características técnicas : ata 35 puntos.

Prezo: ata 35 puntos.

Prontitude na subministración: ata 20 puntos.

Dispoñibilidade de EAN e EDI: ata 10 puntos.

7. Fianzas.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: o 4% de adxudicación de cada lote.

8. Clasificación: non se esixe.

9. Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres cerrados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Hospital da Costa de Burela, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envía por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó Hospital da Costa a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

10. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital da Costa, ás 11 horas do décimio primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios: o pagamento dos anuncios deste concurso público será por conta dos adxudicatarios do contrato.

Burela, 6 de febreiro de 2002.

Ramón Ares Rico

Director xerente do Hospital da Costa de Burela